25 DE XULLO

O vindeiro sábado, cando soen as doce badaladas e estouren as doce bombas de palenque na Alameda transformada nunha coral de utopía,  principiará unha nova andaina na que os intereses nacionais estarán por riba das estratexias, lexítimas, das partes. Será o día da seitura que nos permitirá sementar a alborada  do futuro. 
O vindeiro 25 de xullo, polas rúas de Compostela marcharemos xuntos os que somos diferentes para expresarmos a vontade de construírmos unha nación que acubille a todos os seus fillos. Este 25 de xullo,  tal como dixo o poeta, “vámonos todos a unir/matando rancores cegos/ que na unión dos bos galegos/está da patria o porvir”
Mañá contemplarei o sol esperguizarsealó na fronteira infinda onde o mar se esvaece entre os brazos dun ceo azul, inmenso.  E ollarei ao Cantábrico  recoller os aloumiños do Masma. Mañá... éo día da nosa patria.  25 de xullo, sempre.
 

25 DE XULLO

Te puede interesar