-245

Segundo o Instituto Galego de Estatística  omos uns auténticos campións en non termos fillos e en empeñármonos en morrer. De tal xeito que, de continuar así as cousas, Galiza no ano 2031 terá 245.000 habitantes menos. E iso sen contar a mocidade emigrada. A dereita (o PP e o presidente Feijóo) avoga, agora, por un pacto de Estado pola demografía. Falta por saber se a solución que procura vai ter o mesmo final que a promesa do Observatorio Galego da Dinamización Demográfica do que ninguén soubo máis nada desde a súa creación. E, tamén, unha análise rigorosa dos resultados da medida estrela para promover a natalidade: a Caixa de benvida. Poderíamos pensar que este problema é algo novo. Porén, vén de vello. Comezou, na súa actual expresión, nos anos 80 do século XX. E alguén, non sen razón, pode pensar que esta  proposta nace para ocultar as responsabilidades que teñen el e os distintos gobernos do PP na Galiza. 
 

-245

Te puede interesar