1918 - 2018. O camiño percorrido.

O nacionalismo galego, nas súas distintas expresións, ven de cumprir 100 anos: o 18 de novembro de 1918 constituíase en Lugo a I Asemblea Nacionalista . O Manifesto da Asemblea Nacionalista principiaba: “Tendo Galiza todas as características dunha nacionalidade, nós nomeámonos de hoxe e para sempre, nacionalistas galegos xa que a verba “ rexionalismo” non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas”. 
E logo ficaron para sempre gravadas reivindicacións que aínda hoxe en dia están vixentes: Igualdade de dereitos para a muller, poder galego, soberanía fiscal, supresión das deputacións, federación de nacións ibéricas con Portugal incluída... 
Abríase unha xanela á esperanza “ nestora do albeo das nazonalidades que sinten tremelar a súa y-alma e fan xurdir a súa persoalidade”: a 1 guerra mundial viña de rematar e moitas nacións acadaban a súa independencia.

1918 - 2018. O camiño percorrido.

Te puede interesar