17+3=20

Si, 17.000.000 de euros andan procurando unha voz que confirme a súa existencia  en San Caetano. Si, millóns transferidos polo Estado con carácter finalista  para a formación de traballadores nos períodos 2015/17 e dos que a consellaría de economía do goberno de Feijóo non realizou as convocatorias pertinentes. Si,17 000.000 dos que, segundo o  ex secretario xeral da CIG, Suso Seixo, “ ... nada, ninguén sabe nada”. Si, 3 000.000 de euros son os que os cidadáns galegos teremos de pagar en indemnizacións a empresas por ter, o presidente  Feijóo, suspendido o concurso eólico do bipartito. Si, 3 000.000 de euros  aos que lles sumar a perda do 80% de emprego no sector e o liderado na industria do vento. Si, resulta moi acaído o convite do portavoz de EM e o BNG emprazando ao presidente ou ao PP a pagar do seu peto o resultado da súa ruinosa xestión en termos económicos e sociais.
 Se callar, ao presidente non hai que o informe...
 

17+3=20

Te puede interesar