Pintos: alén da decisión xudicial

 xuízo a Pintos, unha persoa de longa traxectoria sindical, por uns feitos acontecidos no 2012 no marco das mobilizacións dos traballadores do naval, está a provocar  unha profunda preocupación no ámbito do sindicalismo. Dirixentes das organizacións sindicais expresaron o seu rexeitamento e a súa solidariedade. Asemade centos de traballadores e alcaldes da comarca mobilizáronse pedindo a súa absolución. Resulta difícil non relacionar este feito xudicial co momento no que se produciu e, xa que logo, tirarmos a conclusión que tiña ( e ten ) como obxectivo o transmitir unha mensaxe amedrentadora capaz de paralizar as mobilizacións. E o sustento legal áchase na Lei Mordaza e no artigo 315.3 do código penal, polo que a súa derrogación, compromiso do PSOE,  é imprescindíbel para recuperar espazos de liberdade.
E  polas rúas das nosas vilas o teu sorriso, Pintos, acompañaranos, de novo, en zancadas solidarias. 

Pintos: alén da decisión xudicial

Te puede interesar