Lume!

n total de 49.175 hectáreas, 4 mortos (“Con nosotros no moría gente en los incendios, y con ellos, cuatro personas”, Núñez Feijoo, 2007), perdas materiais, gravísimo impacto na fauna e na flora...  49.175 ha, 4 mortos (“Con nosotros no moría gente en los incendios...”), que reflicten un estrepitoso fracaso da política forestal. Un  Plan forestal que en 1992 estabelecía 245.000 hectáreas de eucalipto para o ano 2032. Porén, no  2017 ocupa  425.000 hectáreas. E ningún responsábel do goberno se decatou...! Unha Lei de montes que desde o 2012 prohibe a plantación de eucaliptos en terreos agrícolas, nas ribeiras dos ríos, nas beiras dos camiños e pistas e a carón das casas ...  E ningunha administración observou este incumprimento...!  Fuxan da demagoxia (“Con nosotros no moría gente en los incendios...) e procuren obxectivos a curto prazo ( orzamento para a prevención) e a longo prazo (un pacto, un acordo para ser cumprido). 
 

Lume!

Te puede interesar