Debedores

Apropaganda do goberno  xustificou repetidamente que as políticas económicas das esquerdas eran as culpábeis da crise económica: ningunha familia gasta máis do que ingresa, dicían. Con esta premisa xustificáronse recortes en sanidade, educación, nos salarios, nas condicións laborais... Eran necesarios para crear as condicións materiais para a superación da crise, repetían. Porén, a débeda dos galegos, que nunca superara os 4000 millóns antes do  ano 2009, chegará  aos 11.515 millóns. Dito doutro xeito, a xestión dos gobernos do presidente Feijoo obtivo como resultado, cando remate o ano 2018,que cada galego terá unha débeda de 4273 euros.  E, a pesar desta hipoteca, a sanidade e a educación están en peor situación que no 2008; os salarios e as pensións  por debaixo da media española e o desemprego arredor dos 190.000 cidadáns. Non sei se é boa xestión pero pinta que é un mal negocio para os galegos. 
 

Debedores

Te puede interesar