A modernidade híbrida

on certeza, a pandemia sanitaria deste teimoso coronavirus que non ten moita gana de abandonar a súa misión biolóxica de reproducirse sen límite no corpo dos seres vivos, infectando a canto ser humano poda atacar;  para alén da  catástrofe no ámbito da saúde pública deixará unha fonda pegada na vida da persoas e nos xeitos de ser e actuar a nivel social, con grave énfase nos sistemas de traballo ou hábitos de compra e relación entre a xente e institucións. A dimensión do efecto nas mudanzas irá da contía do “algo sempre queda” que serve para indicar o efecto leve dunha falsidade ao tsunami dos cambios que se cocen en ámbitos do universo dos negocios orientados á utilización das canles de comunicación virtual ou do comercio e das mercadorías que impulsan as novas tecnoloxía cibernéticas do mundo da internet e dos mercados electrónicos monopolizados polas grades corporacións foráneas de carácter multinacional. 
Futuro híbrido, entre o físico e o virtual. Cruzamento que contén elementos de dúas o máis procedencias, combinando as diferentes fontes de enerxía, de resultado incerto porén que verá consolidado o temor popular de que “a río revolto, ganancia de pescadores”; e dicir, dos poderosos que fan cono a banca nos casinos de apostas, ganan sempre. Era visto que non ían perder a vantaxe que para eles representa o estado de choque psicolóxico dunha alarma social que é caldo de cultivo no que resulta máis doado implantar medidas contrarias ao interese xeral.
Mágoa que, polo seu pasamento, o filósofo  Zygmunt Bauman non teña oportunidade de avaliar o maremoto que se aveciña en relación á “modernidade líquida” que el situou nunha categoría sociolóxica coa que definir o estado da sociedade antes desta epidemia vírica global. A figura categórica do sociólogo polaco define o proceso de cambio constante e transitorio, atado a factores educativos, culturais ou económicos. A metáfora da liquidez procura demostrar a falta de consistencia das relacións humanas en diferentes ámbitos, como é  o caso dos afectivos ou no marco das relacións laborais. Fica atrás a traxectoria histórica na que as estruturas sociais mantiveron un rol incuestionábel, onde os valores buscaban estabilidade, unión e tradición. Agora, as redes sociais xogan un papel no que podemos conectar con todos, ou desconectar cando queiramos. Un simple clic pode ser un muro ou unha ponte nas relacións humanas. Imos de camiño inevitábel cara unha modernidade híbrida.

A modernidade híbrida

Te puede interesar