Mar quente

Mar quente, planeta frito. Chamada de atención á responsabilidade das autoridades políticas e do conxunto da sociedade civil que se converte en berro de queixa e clamor de actuación diante da situación climática que está a vivir o noso medio natural, especialmente co quentamento irreversíbel que, de non medir acción contundente agora, é anticipo de catástrofe segura. 

Coa imaxe icónica dunha grande tixola soportando un ovo fritido, unha das máis importantes entidades ecoloxista operativas a nivel mundial, vén de escoller un espazo do Mar Menor para denunciar o quentamento dos océanos; e dicir, a mudanza climática a peor que representa o quentamento progresivo que soportan os mares e por extensión todo o planeta. Por iso, o recuncho marítimo escollido para botar esta peculiar embarcación, a tixola xigante que flotou sen ameza de ir a pique en momento algún da súa curta travesía simbólica, a xeito de exemplo “para representar metaforicamente o que cada vez semella ser un caldo, o lugar onde poderiamos fritir un ovo calquera día próximo no tempo”.  Dicir que a tixola, de ferro e madeira, pesou media tonelada. 

A entidade ecoloxista, con esta singular actuación, esixe da clase política gobernante un cambio urxente nas estratexias e nas medidas que teñen a ver coa loita en contra do cambio climático. Sabemos que os mares teñen absorbido até o noventa e tres por cento da calor retida no planeta polos gases de efecto invernadoiro, procedentes da queima de combustíbeis fósiles, entre outros, un modelo económico e de xestión enerxética contaminante e altamente perigoso. Abofé que si.

Certo é que aquí, a clase dirixente do Estado, anda noutros asuntos que pouco o nada lle permiten ollar para a grave problemática ambiental. Aínda así, esta parece contaxiar a dinámica da xestión institucional que anda, tan ou máis quente que o clima do planeta, pendente do abafante calor das conversas, negociacións e pactos que posibiliten a escolla da Presidencia do goberno estatal e dalgunha das Comunidades relevantes. A calor africana domina o ambiente. 

España non tivo nunca un goberno central de coalición, a diferenza do que é normal no resto da Unión Europea. Todos os gobernos que sucederon á morte de Franco foron de partido único con algún independente. Cousa ben diferente é a práctica habitual no ámbito do poder local, concellos e deputacións, no que resulta algo tradicional e de fácil acordo. Aprendan. Ollo ás queimaduras.

Mar quente

Te puede interesar