A graza dos Os gardiáns do capital

Davos, unha paraxe bucólica das montañas suízas, un ano máis foi cita dunha elite que vén a congregarse aquí para pór en común estratexias na defensa do seu interese compartido, un club cobizoso que na súa misión declárase fondamente ancorado nos sectores público e privado, aínda que é claramente este último o que lle dá razón de ser, nomeándose Foro Económico Mundial  por ser “a única organización global que cumpre este rol, coa que reúne aos principais propietarios e conselleiros executivos de empresas, xefes de estado, ministros, académicos e outros expertos do ámbito tecnolóxico”; e declaran que isto se fai “nun espazo imparcial co obxectivo de impulsar un cambio positivo”. Manifestación que dá moi ben no papel, máis semella ser unha aplicación práctica do refrán popular: Dime do que presumes e direiche do que careces. A proba de algodón está na política dos convidados á cita: Sindicalistas, non; líderes de organizacións sociais, tampouco. Aínda así, nesta edición procuraron converter o cumio nunha lavadora para proxectar unha versión branqueada do verdadeiro interese capitalista que está detrás desta cimeira alpina.

Véxase a relación dos temas que conformaron a súa axenda. Entre os sete asuntos clave do encontro atopamos teóricos obxectivos á procura de “empresas ou economías máis xustas”, o deseño dunha “tecnoloxía para o ben” común; aposta por ir “máis alá da xeopolítica” das grandes potencias, preocupación polo “futuro do traballo”, esperanza nun próximo tempo máis saudábel; e, por estar na foco da preocupación internacional da cidadanía máis concienciada cos efectos da emerxencia climática e do quentamento global, poñer énfase en “como salvar o planeta”. Para isto último, cunha política de xestos que tivo o seu referente visual na utilización de vehículos de transporte eléctricos no ámbito local da celebración, hipocrisía de persoas que antes danaran o ambiente emitindo gases de efecto invernadoiro coa  riada abusiva de desprazamentos en avión privado que caracteriza aos movementos desta xente. Aínda máis, coa participación e discurso crítico da nena, Greta Thunberg, que simboliza a rebelión popular a prol da acción polo clima. 

Porén, esa impresión de apostar por un xiro social do sistema económico guindouse ao lixo coa retirada da máscara nas palabras de Trump, o presidente americano que como gardián das esenciais quere “máis capitalismo, máis libre empresa e máis grande liberdade de mercado”.  E dicir, non desviarse da traxectoria do que historicamente constituíu o Foro Davos. 

A graza dos Os gardiáns do capital

Te puede interesar