Xerardo Moscoso

Hai cincoenta anos que coñezo a Xerardo Moscoso, desde aquel tempo do 68 no que en Santiago nacera a “Nova Cancion Galega” seguindo as pegadas que estaba deixando “A Nova Canço” . Xerardo estaba naquel grupo de voces, e cría que a “Nova Canción” era un arma cargada de futuro da que eu podería formar parte. É unha longa história que agora non ven a conto pero mesmo algún día anímome a relatala. Xerardo reside en México con Galicia na súa mente. Sempre que ven falamos arreo sobre cousas que outrora quedaron no tinteiro e vivencias daquel tempo cando en Barcelona gravabamos os nosos discos crendo na posibilidade de abrir novos horizontes a unha canción galega necesitada de distintos fundamentos. Cada un intentaba por o seu grao de area neste empeño aínda que sabíamos que, dadas as circunstancias, aquilo non ía ser tarefa doada, coma así foi.
Non coñecin a ninguén que tivera tantas e tan variopintas vivencias coma Xerardo Moscoso. Está no tempo de escribilas pero non arranca porque di que non se atopa cómodo falando de si mesmo. Comprendoo perfectamente pero malia iso seguirei insistindo co gallo de que aborde esta tarefa porque aportaría moitos detalles importantes para entender na súa xusta medida aqueles tempos convulsos.
Cando chego a Santiago Xerardo xa pasara o ecuador da carreira de medicina. Vino por primeira vez naquel recital de Voces Ceibes no paraninfo da facultade o 26 de abril de 1968. Logo pasaron moitas cousas que foron marcando o devir deste home sempre fiel ao seu ideario humanista e solidario. Por razóns que agora non veñen ao caso, e que quizais el conte algún día nesas memorias, tivo que marchar de Galicia a un primeiro exílio en París e logo a Xenebra denantes de emprender viaxe a México. Todo vai tendo unha causa efecto que fai que a vida de Xerardo sexa unha cadea de causalidades e circunstancias ata que atopa o seu acougo no mundo da escena, no teatro e no cine, onde coñece e trata co máis senlleiro desta profesión. Estudia dirección, entre outros, con Luzwik Margules, polaco naturalizado mexicano co que se empapa de teatro. Hoxe Xerardo é respectado e considerado coma un excelente director. Cada vez que ven a casa góstame escoitar todo o que ten que ver coa trayectoria da súa vida e con cada visita descubro algo novo porque a Xerardo aínda lle quedan na súa mochila cousas por desempacar. Penso que Galicia ten unha débeda con este home e ando a darlle voltas en cómo poderíamos compensala. Veremos a maneira

Xerardo Moscoso

Te puede interesar