Virus e fútbol

ai cousas que se ven vir de lonxe e xa que logo non sorprenden cando chegan. Non son dos que lles importa moito o fútbol: vexo algún partido que intúo interesante e case sempre equivócome e perdo (o tempo) e penso que mellor o tiña empregado noutra cousa máis edificante que en partidos sen público nas gradas e ambiente enlatado.
Ven isto a conto polo balbordo montado ao derredor do partido Deportivo-Fuenlabrada co covid-19 polo medio. Ningunha persoa sensata entende como pode viaxar nun voo un equipo de fútbol con tres infectados abordo que logo na Coruña foron seis. O grave foi non notificar esta incidencia as autoridades sanitarias porque de facelo, ese voo non sairía de Madrid e se non saía os intereses deportivos e económicos do Fuenlabrada viríanse minguados, de aí esa ocultación consciente de que nese avión viaxaba o covid-19 rumbo á Coruña. Pensaron que mellor era non dicir nada e ao mirar a outro lado cometeron un delito contra a saúde, e aí están nun hotel dá Coruña en corentena , coa fuxida dalgúns clientes do centro hostaleiro por medo ao contaxio, con atinadas declaracións da alcaldesa da cidade herculina, con insensatas manifestacións do presidente do equipo madrileño e un “a min que me rexistren” da Liga de Fútbol Profesional. Todo un auténtico despropósito do que alguén debería dar explicacións convincentes e a quen corresponda asumir responsabilidades. 
Pero todo isto que se escapa do sentido común non pode ser utilizado para poñer ao Deportivo como entidade prexudicada deste escándalo sanitario levado ao campo do deporte. Denantes de todo este desaguisado o Deportivo xa era de segunda B y ficou aí por méritos propios, porque non dou unha a dereitas en todo o que vai de campionato, un descenso que pode carrexar graves consecuencias para a supervivencia dun club que foi emblema do deporte galego nisto de darlle patadas a un balón. Logo de tratarse de ti a ti cos mellores equipos de Europa, mirade ata onde chegou: ata afundirse nunha categoría semi profesional da que custa moito saír. Tempo ao tempo.
Dende aquí, dende Ferrol, miremos o lado positivo da desfeita deportiva do Deportivo e pensemos que na próxima tempada teremos un derby dos que levantan paixóns: Vila Podre versus Cascarilleiros ou o que é o mesmo un Racing- Deportivo deses que crean afección: en segunda B si, pero a iso por estes lares xa estamos acostumados. 

Virus e fútbol

Te puede interesar