Violencia

Non creo dicir unha barbaridade se manifesto que o ser humano é violento por natureza. Este arrebato súpeto que se nos sube á cabeza de cando en vez contrólase coa educación, cousa da que non andamos sobrados precisamente. A violencia rebúlenos dentro e como é tan abondosa poñémoslle apelido segundo o estrato social onde directamente actúa. Hai un tipo de violencia que é máis abxecta, a que se exerce contra o fisicamente máis feble : a muller , os anciáns e os nenos, por poñer exemplos significativos. “La maté porque era mía” é esa frase que amosa o caracter posesivo e violento do home fronte a muller, pero un tipo que abusa e mata a unha muller nin é un home nin é nada: sinxelamente é un ser desprezable. Cada vez cústame máis asumir aquela frase da nosa xurista por antonomásia Concepción Arenal: “odia al delito y compadece al delincuente”. Evidentemente hai que odiar ao delito o que non significa que o delincuente non teña que asumir a súa responsabilidade. Para iso está a lei que, digan o que digan, non funciona igual para todos malia que algúns digan que si. Exemplos abondan. Recentemente o asasinato e violación dunha profesora a máns dun malvado encheu espazo nos xornais e nas canles de televisión dando carnaza a todos os que gozán recreándose no morbo dunha noticia así. Non sei exactamente o número de mulleres asasinadas este ano por individuos descerebrados. E algúns asasinos eran reincidentes, como nos casos de Diana Quer e recentemente de Laura Luelmo, isto proba que nalgúns casos non funciona a reinserción nin a posta en activo da condena permanente revisable que non disuade ao delincuente. A pena de morte nos EE.UU non retráe aos asasinos e xa que logo non disminuen as mortes violentas, pero o que si semella unha necesidade é apartar da sociedade a ese tipo de individuos extremadamente perigosos cuxo comportamento desprezable supera con creces aos das alimañas no monte, aqueles coa maldade ímplicta e estas coa supervivencia coma “leitmotiv” o cal establece unha diferencia a favor das alimañas. Ao final un conclúe en que por moi duras que sexan as penas os asasinos van seguir actuando porque un desequilibrio mental non se arranxa así coma así. Nin a realeza librouse, pois un rei con fama de intelixente coma Enrique VIII decapitou a dúas das seis esposas que tivo, polos seus reais... e porque eran del. As preguntas do millón: ¿Educación desde abaixo ou inflexible represión? ¿Compadecemos ao delincuente? “These are the questions”. 

Violencia

Te puede interesar