O Val, basílica, mausoleo

Non sei se terá moito sentido falar dun tema do que todo o mundo fala sabendo ademáis que é dificil  acadar consenso. Semella que o  da exhumación dos restos do dictador se converteu no que agora chamanos  un tema viral que nos abafa e sobre o que se discute a diario.  Segundo a miña modesta opinión se aquel lugar é un “valle de los caídos” Franco non tiña por que estar alí xa que el non foi un caído, morreu na cama  36 anos despois do seu golpe de Estado. Se a pretensión dese mausoleo era albergar no seu seo a caidos dos dous bandos tampouco ten razón de ser porque resulta un paradoxo que fiquen xuntos víctimas e  verdugo. Xa que logo decisión de leda que tardeses aoxo que esto a caidos dos dous bandos tampouco tiña sentido que os restos de Franco estiveses a a decisión  de sacar de aí a momia do dictador semella axeitada ainda que tardía.  E con José Antonio Primo de Rivera que? dirán algúns. Pois guste máis o guste menos este home si foi un caído, o fusilaron en Alacante sen que, por certo, Franco fixera nada por evitalo ( Paul Preston dixit). A raíz de todo este polémico tema apareceu  un manifesto glosando a figura de Franco e asinado  en principio por oitenta militares ao que se foron adherindo algúns máis. Produciume ruborizo a intervención dun deles, un tal Monzón, o outro día nun programa de TV dicindo que Franco foi unha figura militar exemplar e sen parangón e que era mentira o número de mortos que se lle atribúen posto que só se procedeu entón á execución de 3.000 persoas logo de probar que eran asasinos( sic). Unha manifestación máis do negacionismo histórico que trata de encubrir a verdade e as barbaridades provocadas pola guerra civil. Pois mire señor Monzón, na miña vila, que entón rondaba os seis mil habitantes, foron fusiladas máis de oitenta persoas, a maioría sen  ser xulgadas e ningunha delas era asasino, así que non nos veña con parvadas. Vostede e os compañeiros asinantes do manifesto xamáis participaron nunha batalla contra ningún exército regular para defender á  Constitución e á cidadanía e deberan saber que a exemplaridade dun militar comeza por ser fiel ao xuramento que fai cando toma posesión do seu cargo: lealdade e fidelidade: “ Prometo por mi honor servir  bien y fielmente a la República, obedecer sus leyes y defenderla con las armas”. Franco fixo este xuramento e cometeu perxuro. Exemplaridade pois...a xusta. Os netos deberan aceptar ”religiosamente” os restos do avó e o goberno buscar consenso e darlle sentido a ese lugar. Faga o que se faga, non vai chover a gusto de todos. Por non perder a costume.

O Val, basílica, mausoleo

Te puede interesar