Triste aniversario

O pasado mércores cumpriuse o 72 aniversario do golpe sedicioso contra un goberno lexítimo elixido por sufraxio. Unha data que algúns terán celebrado e os máis desdeñado o que ven significar que aínda quedan rescoldos daquela contenda fratricida malia que os testemuños directos dela xa están todos desaparecidos, entre eles o causante directo, o dictador cuxa sucesión deixou atada na figura do principe Juan Carlos logo proclamado rei, instaurando así unha monarquía que choca frontalmente cos principios entre os que se fundamenta un Estado constitucional democrático. Democraticamente é dificil asumir que un xefe de estado o sexa por herdanza. Onte regresaba da praia cos meus netos, e dous homes de avanzada idade falaban sentados nun banco. Só oín con claridade unha frase: “non houbo nunca máis liberdade en España que con Franco”. Ainda hai quen cre niso. Faltoume escoitar os argumentos.
Hai corenta anos fixemos unha transición en cuxo espíritu figuraba unha lei de amnistía para a reconciliación. As espadas estaban levantadas e as pistolas cargadas e quizás non se puido facer doutra maneira. Houbo xenerosidade nas concesión para poder saír o mellor parados no empeño de consolidar a democracia, pero unha cousa é iso e outra ben distinta que sigamos a estas alturas do século XXI mantendo consideración sobre aqueles que provocaron unha masacre sen paragón na historia moderna de Esapaña. É incrible que segamos tendo deferencia con aqueles que dicían: “xa verán as mulleres republicanas o que son os homes de verdade cando caian nas mans das tropas dos regulares” ou aquilo de que “ hai que implantar o terror indiscriminado na retagarda”. Que estes terroristas a gran escala teñan arestora mausoleos dentro das igrexas e monumentos, dean nome a fundacións que ensalzan a ideoloxía fascista mantendo vivo o lume que dou lugar a aquel desastre no 36, semella un cruel paradoxo, impensáble en calquera país democrático. A lei 52/ 2007 chamada da Memoria Histórica foi dando pasos ata o de agora máis ben timoratos na eliminación da simboloxía fascista. Parece que agora hai atrancos para exhumar os restos de Franco dese o seu mausoleo do “Valle de los Caídos” e poñelos a disposición da família que, dito sexa de páso, se nega a recepcionalos acusando ao goberno de “profanador de tumbas”. E nesas andamos logo de corenta anos intentando manter o espitito da transición aínda coas feridas a medio pechar. Quen dixo que isto ia ser sinxelo?

Triste aniversario

Te puede interesar