Perigoso fogo amigo

Os meus amigos saben que non simpatizo co partido que forma goberno neste país  e  que tamén non me sitúo cos que se recrean facendo leña do árbore caído.  Case sempre cúmprese a premisa de que a historia acaba poñendo a cada un no sitio que lle corresponde así que de pouco ou nada serve engadir máis  leña a un lume  que xa está bastante alcendido polas súas propias brasas. Evidentemente non corren bos tempos para o PP que terá que facer  malabarismos para recuperar a credibilidade que tiña se é que aínda lle quedaba algunha. O caso Cifuentes será recordado por moito tempo como unha carga de profundidade posta na liña de flotación do seu partido o mesmo que ese vídeo “malévolo”,  estocada definitiva que a converteu nun cadávre político. 
Todo o mundo sabia que o tema do master regalado e as tremendas metiras coas que tratou de defenderse eran máis que suficientes para rematar coa súa carreira ao fronte da Comuidade de Madrid. Creo sinceramente que non había necesidade de masacrar máis a unha persoa publicando ese documento onde pónse de manifesto a cleptomanía dun personaxe adulto cun cargo político moi importante que en condicións de saúde mental normal non tería necesidade de cometer esa falta máis própia dunha adolescente inconsciente que dunha señora supostamente honorable. Pero postos nesta disxuntiva a asunción de responsabilidades é preceptiva e cada quen ten que responder dos seus actos. 
A señora Cifuentes quedou presa na tea de araña das súas propias trampas e de ser a xoia da coroa popular pasa automáticamente  a inombrable, “esa persona de la que usted me habla...” Así é a política: da que eu precisamente non desexaba falar porque ao día de hoxe o tema resulta soporífero, pero sentado diante do teclado deixeime levar por este asunto do que todo o mundo fala.
Como moitos pregunto de onde saiu ese vídeo, quen o gardou perante sete anos? Non creo que un contubernio socialista tivese nada que ver, nin tampouco “podemita”. Mosquea un tanto que fose o medio que dirixe Eduardo Inda, nada sospeitoso de ser un activista de esquerdas, o que lanzara ese torpedo á señora Cifuentes logo de que esta sinalase a Esperanza Aguirre no asunto escabroso da Cidade da Xustiza. Terá todo isto algo que ver? Todo apunta  que se trata de líos de familia, de intereses internos, de partido, que importan máis que os da poboación que, sumida nun letargo preocupante, parece estar a velas vir.

Perigoso fogo amigo

Te puede interesar