O galego que non fala...

Na lingua da súa terra/ nin sabe que ten de seu/ nin é merecente dela/. Así reza unha letriña popular da que un día fixen canción. Si é verdade que o idioma é unha ferramenta fundamental para que os seres humanos se entendan, no é menos certo que é ademáis un patrimonio cultural moi grande que debemos coidar con esmero. Son absurdas as liortas que algúns pretenden establecer entre as linguas por defender a importancia dunha sobre a outra creando unha diglósia na que o equilibrio é imposible. Para os defensores a ultranza do castelán fronte ao galego este é unha lingua suburvial  propia de xente vulgar, cuestión que ven de vello e que, por desgraza ainda prevalece. De pouco serve argumentar que o galego chegou a ser a primeira lingua romance, popular e culta da península e que non foi casual que Alfonso X o Sábio aló polo século XIII escribira as “Cantigas de Santa María” en galego ou que o Marqués de Santillana no século XV fora o primeiro en considerar a Galicia coma o berce da poesía lirica peninsular. O que si parece evidente é que desde Alfonso X o galego limítase máis ao uso oral e que a partires de aí experimenta unha caída en vertical  ata o seu rexordemento a comezos do XVIII, pero será no XIX coa presenza de Rosalía de Castro cando o galego retoma folgos da man desta muller popular e irrepetible que deu voz  en galego aos “sin voz”. O popular, que tamén pode ser sutil, e a erudición académicista poden respectarse. Juan de Mairena o profesor apócrifo creado por Antonio Machado sentenciou: “ No deben separarse lo erudito del folklore porque el saber popular es cultura, fuente de vida y ciencia en la que todos deberíamos beber y enseñar a beber a los demás”.  Bebemos realmente na fonte do saber popular ou sorbemos do clasicismo? Creo que ambas as dúas posturas poden ser compatibles. Hoxe o galego, salvando honrosas excepcións segue a ser unha lingua suburvial, proletaria e mariñeira como dixo o Poeta Manuel María no seu poema “Idioma meu”. O coidado que lle poidamos dar para que volva a ser vehículo de expresión culta depende só de nós os galegos, e que non quede relegada a un vestixio do pasado, a un  mero simbolismo. Hai que crer nesta utopía. Lendo a achega “Tradición viva en Rosalía” do libro “Memorias de España” do profesor Rubia Barcia na que amosa a importancia que unha vez tivo o galego no eido cultural da península, veu a min esta reflexión para esta “memoria poliédrica” que agora comparto convosco.
 

O galego que non fala...

Te puede interesar