Nunca chove a gusto de todos

E menos mal porque se tivesemos control sobre as precipitacións as guerras tomarían dimensións estratosféricas. Control é o que pretenden ter algúns medios coas postverdades convertidas en axiomas e con cuxas rodas de muíño pretenden que comulguemos. A máis importante das premisas do códicgo deontolóxico dun xornalistas é que conte o que sucede, non o que desexaría que sucedera, para iso están os opinantes entre os que modestamente me atopo dicindo desde este xornal o que me gustaría que acontecera case, por non dicir sempre, sen resultado satisfactório para os meus degoros. Os desexos moitas veces rematan converténdose en utopias, pero non está mal pretender alcanzar as quimeras xa que intentándoo podemos achegármonos un pouco ao soño. Porque quimera por exemplo pode parecer afastar da nosa democracia o ideario fascista ou o que ven sendo o mesmo a sombra alargada do franquismo que aí anda deixándose ver cada día máis desde a sacrosanta Transición e sen que a Lei da Memoria Histórica tivera a incidencia desexada para rematar con toda a simboloxía dunha época sinistra da historia máis recente de España. Arestora andamos a voltas coa exhumación dos restos de Franco, un pouco tarde non? e non serei eu o que estea en desacordo con esa decisión, lonxe de min, pero denantes de non saber que facer cun cadáver sería mellor inhumar o que ese morto significa, a herdanza ideolóxica que deixou neste país e non dar cancha a asociacións, fundacións e demáis artimañas para exhaltar a figura do maior responsable daquela barbarie desatada en 1936 e restituir a honra a todos aqueles que foron vilmente asasinados por defender as súas ideas e unha República baseada no sufráxio universal, premisa fundamental da democracia. Para iso é necesario decisión e por que non dicilo certa valentía malia saber que nunca chove a gusto de todos e que faga o que se faga ao respecto haberá sempre minorías que se manifesten cantando o “Cara al Sol” e dando vivas a Franco. E isto apoloxía do fascismo? Estase actuando conforme aos ditados da lei?. Un cidadán ben informado resulta menos manexable, menos voluble. Algúns xornalistas da postverdade deberan pasar á verdade o mesmo que os verdadeiros historiadores a contar a historia tal como foi e ensinalo nas aulas. O mesmo así evitaríamos que os chuzos envelenados caian de punta e non aceptaríamos as rodas de muiño coma material de comunión diaria. E logo que chova e nos molle a auga verdadeira.

Nunca chove a gusto de todos

Te puede interesar