Nonito

orprendeume, porque estaba de viaxe fora de España, a mala nova da súa morte. Foi un golpe duro tendo en conta que eu non tiña coñecemento do seu estado de saúde pois Nonito mantivo esta circunstancia cunha absoluta discreción, e ademais ia tempo que non coincidíamos porque a nosa relación non era desas que necesitan constantes encontros: quedabamos cando viña a conto e así desfrutabamos moito máis da nosa conversa sempre, case sempre, ao derredor da música. Nesta materia Nonito era unha autoridade, unha referencia.
A nosa amizade viña de lonxe, de cando eu comezaba nesta aventura de compor e gravar as miñas achegas. Agora veñen á memoria aqueles encontros no “Playa Club” onde Nonito comezara a pinchar discos, onde varios amigos e amigas acudíamos a facer tertulia sobre estilos e tendencias que él tiña nos seus vinilos case en exclusividade e deixábanos subir á cabina a poñer discos e máis discos. A él débolle a miña afección pol jazz do que era un gran coñecedor. Agasalloume cun disco dun grupo que aínda anda pola miña discoteca con versións de clásicos da música popular en clave de jazz. Con aquel disco descubrin a máxia da improvisación musical ben entendida. Sempre que nos víamos saía a relucir aquel momento no que comecei a coleccionar jazz.
Nonito foi un enclave decisivo na miña actividade musical. Logo de gravar eu con “Edigsa” as miñas primeiras cousas, puxérame en contacto cun tal Villegas que era algo así como conselleiro artístico de “Philips-Fonogram” para que me escoitara. Logo daquel encontro firmei contrato con esa compañía e gravei o meu primeiro LP dedicado á música popular. Despois diso viría moitas cousas máis e Nonito sempre poñía a miña disposición a sala do “Playa Club” para a presentación dos meus discos. Posteriormente coa compañía discográfica “Zafiro”, sen protagonizar nada, o Nonito tamén andaba por aí entre “bambalinas” sen facer ruído.
Foi un comentarista e un crítico musical exemplar: nunca fixo un comentario público negativo respecto a ningún músico. Soía dicir que cando algo non lle gustaba omitía a opinión e xa está. Acostumaba a dar acubillo aos seus amigos nos bos e malos momentos: lembro o afecto que amosou con Andrés Dobarro ao final da súa carreira. Nonito era así.
Agora sinto non ter mantido máis encontros con él pero... “a las aladas almas de las rosas del almendro de nata te requiero/ que tenemos que hablar de muchas cosas/ compañero del alma , compañero”. Ata sempre, amigo!

Nonito

Te puede interesar