Músicas

esta época Galicia estoupa de esmorgas pola súa xeografía e a miña vila non ía ser menos. Tiven ocasión de felicitar aos responsables da programación musical porque non é doado dar cos gustos dispares do persoal e nesta semana houbo  para dar e tomar. Non vou falar de todos os concertos porque non puiden asistir a algún así que, coma é lóxico e natural, falarei baseandome no que escoitei, sempre desde o respecto máximo que teño por toda a xente que sube a un escenario a amosar o que sabe facer. O día 14 foron as “Sister in the house”, 16 ou 17 rapazas cun variado repertorio pasando do gospel á versión de música tradicional galega. Houbo pequenos problemas de afinación ( non resulta doado harmonizar perfectamente 16 voces (é nacesario moitas horas de ensaio) e logo un certo desfase no control de son pois en moitas ocasións algunhas voces sobresaían das outras creando unha atmósfera incómoda para o ouvinte un pouco esixente. Sinceramente non gocei coa versión que fixeron de “Negra Sombra”, pero isto entra dentro do gusto particular de cada un así que nada máis que engadir ao respecto. Ao concerto do día 15 de “Jalma” non puiden aistir. O 16 quizás fose o concerto da semana a cargo do grupo “La Guardia” que estiveron á altura do que deles se esperaba e reuniron a maior asistencia de público. Soaron cunha contundencia formidable, son redondo, compacto, rotundo, sen chegar a estridente que encandilou a un público totalmente entregado.  O 17 foi a quenda de Miguel Costas exSinistro Total  ( segue en excelente forma)  e iso foi fariña doutro costal. Tal vez porque vou maior, porque xa pasei por esa fase da rebeldía por decreto e de textos que falan de prepucios e de operación de fimoses, foi por iso porque me superou o concerto e nada do que acontecía no escenario chegaba a engancharme. Marchei antes de rematar así que non souben se interpretaron aquela versión  de “Sweet Home Alabama” que eles converteran en “Miña Terra Galega” de grandísima repercusión popular. O 18 subiu ao escenario Susana Seivane e con ela a música galega toma un camiño distinto pero axeitado: sons inspirados nas máis puras raigames populares que se fusionan con outras músicas e estilos obtendo un resultado de gran beleza, mesturando a gaita con sons eléctricos de guitarras e saxo. Un traballo sobresaínte o de Susana Seivane. E haberá máis do que posiblemente opinarei, sempre coa consideración que me merecen os profesionais desta especialidade fermosa chamada música.

Músicas

Te puede interesar