Exhumación

Nun país normal onde a política transcorrera polos cauces de sosego desexado, a exhumación da momia de Franco sería un tema a tomar en consideración aínda que fose pola simple rexeneración democrática dun país que necesita poñer dunha vez por todas as cousas  da súa história en claro. Á altura desta longametraxe costaría ben pouco contar a verdade sobre o noso pasado máis recente, e unha das verdades que xa ninguén cuestiona é que  aquí, no ano 1936 produciuse un golpe de Estado cruento que levou á cidadanía a unha guerra de tres anos co resultado de moitos miles de víctimas nas frontes e na retagarda ás que habería que engadir as ocasionadas perante o prolongado tempo da posguerra. Resulta que o cadávre embalsamado do xefe supremo daquela barbárie está no “seu mausoleo” do Val dos Caídos para maior gloria. Un tema que a a nosa nova democracia non soubo resolver malia o anuncio por activa e por pasiva do Goberno de promover a exhumación para entregarlle o corpo á familia que , en boa praxes, é a que se debe facer cargo del. Moitos pensarán que, a estas alturas, este tema ten a importancia que cada un lle queira dar pero certos xestos como o de non render pleitesía a un golpista e dictador resultan moi relevantes e compatibles cunha democrácia ben asentada.  A familia recorreu  á resolución do Parlamento e agora o Tribunal Supremo venlle  dar a razón argumentando que necesita estudar en profundidade os catro recursos (familia, Fundacióin Francisco Franco,  Comunidad Benedictina de Cuelgamuros y Asociación defensa del Valle de los Caídos) argumentando ademáis a “signifiación de Don Francisco Franco, que era xefe do estado desde 1936 (sic)”. Unha “suprema” barrabasada histórica pois  o 1 de octubro foi nomeado polos gopistas, pero en puridade ata 1939 o xefe do Estado era don Manuel Azaña. Alguns historiadores diante desta ópera bufa non saen do seu abraio. Así que a esperar mentres no noso país están pendentes cousas importantes que atixen ao noso devir vital e que non admiten tanta demora como a da exhumación oportuna e necesaria da momia dun golpista e dictador. Por aí anda outra monia máis antiga, a de Lenin, din que a momia mellor conservada do mundo, logo de máis de cen anos. O 60% da cidadanía rusa quere que sexa enterrado  pero o Partido Comunista prefire mantelo exposto no seu mausoleo da Plaza Roja en Moscova. O mesmo que pretenden con Franco a súa famila, a Fundación e os fascistas que aínda quedan por aquí.

Exhumación

Te puede interesar