Energúmenos

Habelos hainos como non podía ser doutra maneira  e de cando en vez atopámolos pola rúa como pasoume e seguramente sucederíalle a alguns dos meus lectores outrora. Cóntolles  o meu encontro co energúmeno de quenda: ía eu na procura do meu coche estacionado nua rúa da Coruña  cando observo que outro que pretendía estacionar golpea contra o frontal do meu:  achégome para advertir do desperfecto causado e co coche en marcha o conductor baixa a ventanilla pola metade e a grito pelado vocea ¡vete a tomar por el...! namentres a compañeira copiloto profería outra serie de babecadas  fuxindo a todo “filispín” sen a penas darme tempo de reaccionar e anotar a matrícula do coche en  cuxo interior ía ese burdo remedo de “Bonnie and Clyde”. Había dúas maneiras de respostar a eses delincuentes: unha, a visceral, meténdo con forza unha puñada a través da ventanilla medio aberta e facer que ese imbécil se tragara o de ¡ vete a tomar..! e outra, a educada, a cívica, a ponderada de anotar a matrícula e tramitar a  preceptiva denuncia no despacho da policia local, cousa que fixen e onde por certo o trato foi excelente,  tanto que por dúas veces recibín chamada dicindo que andaban na procura de localizar ao infractor.

Este episódio fíxome pensar en como é posible que ande xente así por aí vertendo as súas frustraccións sobre os demáis poñendo en evidencia a implícita condición de imbécil e escuro, acrecentada se cabe se o panoco vai subido nun coche. Pero éche o que hai e con iso temos que aprender a lidar, lide na que só cabe o exercicio da sanción porque resulta xa moi dificil corrixir a maleducados a certas idades, eses que só atenden á aguillada nas costas que lles indique o camiño correcto. Home, imos ver, un pode ter un mal momento pero ser considerado e cívico tamén hai que exercelo nos malos momentos e non tomar aos demáis coma chivo expiatorio. Pedir perdón cando causas dano sería o normal, pero as desculpas non están no ideario dos energúmenos, eses que diante do mal causado fuxen coma covardes.

Asi que isto vai para ti persoalmente, covarde energúmeno: Fun dar parte á policia da túa denigrante actitude por converter un golpe sen a penas trascendencia nun acto delictivo ao fuxir do lugar como alma que leva o diaño. Van dar contigo e a túa aseguradora repoñerá a parte danada do meu coche, así que alá tí se che vai ben coa covardía de fuxir da túa responsabilidade.  Tío, ¡es un delincuente! ¿non te dás conta?.

Energúmenos

Te puede interesar