Chamábase “Democracia”

Non, non vou falar do sistema que defende a soberanía do pobo e o dereito que este ten a elixir aos seus gobernantes pero, diante da que se aveciña, tampouco estaría mal darlle un repaso a este tema. Desta volta ”Democracia” ten que ver cun semanario que apareceu en Mugardos aló polo ano 1911. Lembro isto agora que case todos os tiros apuntan a decadencia do papel a prol das edicións dixitais que tanto están de moda. Hai unha cousa que resulta evidente: que a menos edicións en papel, menor tala de árbores e isto podería ser unha das razóns que apunte a apostar polo formato dixital. A celulosa dos árbores é matéria esencial para producir papel, pero isto levaríanos a outro debate. Houbo moitas opinións que ían dirixidas a prognosticar a desaparicón de xornais e libros en feitura de papel pero ata agora “o video non matou a estrela da rádio” nin “o dixital enterrou ao papel”. Confeso que lin algún libro en dixital pero nada comparado con ter na man un de papel que teña ese arrecendo especial, unha sensación que nunca terás lendo libros ou xornais nunha patalla de tablet ou PC. Pero o que está por vir chagará e quen sabe onde nos levarán neste asunto as novas tecnoloxías e tendencias. O semanario “Democracia” que aparecera en Mugardos recén estreada a segunda década do século XX ofrecía fundamentalmente novas da vila e da veciña Ares, tiña algún apartado para temas nacionais, por suposto non podían faltar as referencias ós sucesos e incluso unha sección de opinión que viña a ser coma un ring no que se dirimían liortas sobre temas candentes que afectaban á vila. Definíase coma semanario independente e subsistía grazas aos subscritores que pagaban 50 centimos ó mes. ¿Quen marcaba a liña editorial? Imaxino que o director Xesús Fernández Medina escribinte do Concello que entón era o presidente da Delegación da Unión Mugardesa de Instrucción creadora da Escola Laica, motivo de polémica no semanario. ¿Podería o sistema de subscrición garintir independencia? Quen sabe, a que o director lle quixera dar, pero o caso é que aínda non pasaran tres anos da aparición de “Democrácia”cando o 14 de xullo de 1914 saliu o seu postremo número debido a que as subscricións descenderan notablemente o que fixo inviable a súa continuidade. Fin dunha cabeceira seguindo os derroteiros doutras que naceran en Ferrol e contorna. Por casa andaba unha encadernación con varios números do semanario que meu pai prestou e nunca lle devolveron.  Unha mágoa, abofé.

Chamábase “Democracia”

Te puede interesar