Cambio de rexistro

Bravo, bravo e bravo pola Sociedade Filharmónica Ferrolá  que por esta vez, e oxalá serva de precedente, cambióu o rexistro na súa habiual programación e nos regalou unha estupenda sesión de  dixieland, un dos máis significados estilos do jazz, a cargo do grupo “Old Timers Jazz Band Praga”. Non esaxero se digo que foi un acontecemento polo que iso representa: traer ao seu foro eminentemente clásico unha música que  non forma parte dese contexto pero que conleva un valor intrínsico indiscutible como o jazz, non deixa de ser unha aposta arriscada.  A diferenza da clásica propiamente dita, de cámara, pacega por antonomasia, o dixieland é rueira , da campiña, que se acostumaba tocar nos enterros, pero fermosa  tamén. Aquela interpretada en foros selectos e ista primeiro na rúa e logo en locais undergraund  onde a atmosfera ateigada de fume e efluvios de alcohol podíase cortar cun coitelo. Era o lugar onde o jazz vivia en plenitude diante dun público desinhibido e xa que logo participativo que aplaude cando finaliza un só,  murmura en voz alta de xeito semellante  a un espectador do flamenco cando se lle escapa un ole! saído da alma. Isto non pasa na outra música onde un reprímese porque hai que gardar as formas e só aplaudir ao final do último movemento como mandan os cánones. Eu son partidario de aplaudir ou de berrar bravo! cando mo pide o corpo, cando o entusiasmo reprimido dentro del xa non pode maís e pugna por saír.  Isto aconteceu no concerto do xoves onde un público “clásico” acostumado a gardar as emocións ,  rematou entregado á evidencia , a unha música que nace do pobo para o pobo sen ningún tipo de condicións.
O repertorio da Old Timers Jazz Band estivo moi ben estructurado pensando tal vez naqueles espectadores que non son afeccionados ao jazz pero que se poden gañar para a causa incluíndo temas  que se gardaban na memoria colectiva como “Down by the riverside”,  “What a wonderful world” ( popularizado polo inesquecible Louis Armstrong), “Jambalaya” ou a mítica e archicoñecida marcha “When the Saints go marching in”. A banda perfectamente compenetrada sostida pola columna vertebral do contrabaixo que esta vez substituiu á tuba ( que era a que se tocaba na rúa) cumpriu con creces as espectativas. Eu, como afeccionado ao jazz, rematei encantado e creo que o público en xeral tamén. Felicito efusivamente á Sociedade Filharmónica Ferrolá pola súa valente iniciativa e vémonos no próximo concerto coa Real Filharmonía de Galicia.
 

Cambio de rexistro

Te puede interesar