Aconfesionalidade

Son moi respectuoso coa fe dos demáis asi que non acostumo debater sobre iso porque a fe é virtude teologal que consiste en crer na palabra de Deus, no que non vemos, e diso non se discute. Rematou a Semana Santa e de novo volveuse a suscitar o tema da aconfesionalidade do Estado reflectida no artigo 16 apartado 3 da nosa Carta Magna  que di : “ ningunha confesión terá caracter estatal”.  Pero como xa sabemos, algúns artigos da Constitución,  sáltanse á toreira, non van a misa, non se cumpren, comezando polo propio Goberno.
A Semana Santa malia ser para os católicos unha manifestación relixiosa importante, para os que non o son tamén pode resultar atractiva pola súa posta es escena, de ai que hoxe moita xente  abarrote eses días os pobos e cidades onde teñen lugar as procesións co conseguinte beneficio económico, como é o caso de Ferrol.  Outrora era distinto, cando a fe era obrigatoria, cando o adail da “Cruzada” ía baixo palio, cando a Semana Santa era de loito e recollemento, cando na radio emitíase só música sacra e a única televisón de España transmitía sermóns e procesións, cando estaba mal visto cantar na rúa e o único entretemento era acudir a igrexa a escoitar tremendos sermóns que metían medo. Aquiilo xa foi e hoxe vivimos unha Semana Santa que combina a relixiosidade co ocio, onde conviven aqueles que se emocionan e rezan cos que simplemente se devirten; e así debe ser respectándose mutuamente. Pero o Goberno semella non estar nese discurso e empéñase en manter os rescaldos alcendidos daquel tempo obscurantista pasándose polo forro o artigo 16 da Constitución. A señora Cospedal e tres ministros máis acudiron á procesión do “Cristo de la buena Muerte” non a nivel persoal, de ser así nada habería que dicir, senón como representantes do Goberno con axenda para ese acto, e aí estaban os catro e algún politico afin cantando a pleno pulmón “Soy el novio de la Muerte” ao paso dos lexionarios que portaban e acompañaban ao cristo. E esa é outra, a milicia constitucional, neutral politicamente como institución ao servizo do estado de dereito, tamén debera ser neutral no tema relixioso. Como pretende o Estado que os españois respecten a Constitución se os que  gobernan non o fan? Hai outros dereitos que non se satisfacen e doen máis co da aconfesionalidade do Estado coma é o dereito a un traballo e a unha vivenda digna, á sanidade, á educación...unha cruz, camiño do calvario, que o pobo leva ao lombo todo o ano.
 

Aconfesionalidade

Te puede interesar