De todas as cores

Cala que dis, dicía miña avoa cando tiña que reprobar alguna frase inadecuada a un fillo ou a un neto.
Pensemos, meditemos antes de… (esto xa o digo eu), que non nos pese logo a lousa do arrepentimento, como lles debe pasar a moitos políticos que prometen o que de antemán saben que non van poder cumprir.
Poida que sexa una oferta mentira piadosa, de compasión pero incitante. Como por exemplo cando nos fan tentadora chamada da lotería: “Y si toca aquí”. Certo é, que o voto é libre e mercar o décimo tamén. E se fora certo que as promesas, como nun conto de fadas se converteran en realidade. E se fora certo que tocara no bar onde tomamos o café tódolos días e non mercáramos billete? Quen se resiste a tomar un xeado cando vai calor? Sábenas todas, e téntanos a ilusión.
En relación á ilusión, dicía Gustavo Le Bon, que “os pobos pasan máis fácilmente sen pan, que sen ilusións. As persoas engaioladas por sedutores fantasmas esquecen os seus máis importantes intereses”.
Nas pasadas eleccións de Galicia o PP. gañou por maioría aplastante. Cando se participa nun maratón, sexa carreira pedestre, competición intelectual ou de baile, ou neste caso política, quen chegue de primeiro leva os aplausos e a medalla de ouro. 
En democracia a autoridade emana do pobo – en teoría – e o voto é a arma (ogallá nunca se utilice outra) coa que eleximos goberno. 
Democráticamente, a medalla de ouro para o PP. Que Galicia é diferente. Pois claro, non todos temos que ser iguais. E ante os feitos, pola miña parte nada que obxetar. Os gobernos e as maiorías gáñanse nas urnas. 
Xa don Manuel Fraga, naqueles “gloriosos tempos”, dixera: “Galicia es la reserva espiritual de España”. Polo que vemos segue a ser; mágoa que o espiritual nin trae traballo, nin riqueza. Nin tan sequera dá de comer. 
Altos cargos do goberno do señor Rajoy falan, incluso presumen de que a macroeconomía vai ben. “Macroeconomía”, esa terminoloxía das grandes finanzas aceptada universalmente dende aquela publicación da “General Theory”, de J.M. Keynes, considerado modelo dos economistas con visión “macro”, en contraposición a A. Marshall, quen defende a “micro”.
Aceptando que a macroeconomía vai ben. Que pasa coa outra, a microeconomía que vai á deriva, mal; que non se dá recuperado. A economía real, a da xente do común?
A dos traballadores, parados, pequenos empresarios, autónomos. A de milleiros de mozos (e non tan mozos) que teñen que emigrar. A dos xubilados, empleados públicos. A de moitas familias que nin facendo funambulismo chegan a fin de mes? A misera, coa que convivimos a cotío nos nosos fogares, a palpable?
A “macro”, está na Banca, nas grandes empresas multinacionais, nese 10% de familias que chuchando da “micro” chegaron a multimillonarios, e por riba ríndose de nós, os currantes. 
Microscópica, a economía da que “disfrutan” milleiros de galegos e de galegas. Por porlles un exemplo, Manuel, nome imaxinario, pero persoa real: 
Manuel tiña unha pequena empresa de servicios que se movía pola comarca de Ferrol. Todo ía vento en popa e daba para vivir dignamente a unha docena de familias. 
A fiebre corrupia que nin el, nin a clase traballadora creamos levouno a botar o peche. A ruína, como pasou con tantos empresarios.
Hoxe vive nunha estartelada furgona. Vend e bolis, de tódalas cores para que cada quen poida elexir a súa preferida, nas rúas, e nos comercios e bares onde lle deixan entrar. Canta miseria humana!!
Non acepta limosna. Un boli, un euro. Se non queren o boli, el non quere o diñeiro. É a dignidade e un pouco de orgullo para non se sentir de todo morto. Xa non cre nas promesas.
Namentres, “Cata” a cadela Schauzer do señor Feijóo “a corpo de raíña”. A “macro” non da chegado as familias obreiras, nin ás súas mascotas. Canta inxustiza!!
¡ Mundo insolidario!
Tantos nas poutas das feras,
outros repletas alforxas. 
¡Vergoñenta hipocresía!
 

De todas as cores

Te puede interesar