Preludio de outono

dicía Antonio Machado no discurso que pronunciou en Valencia sobre da defensa e a difusión da cultura naquel Congreso Internacional de Escritores no ano 1937, en plena Guerra Civil española cando lle preguntaron se el pensaba que o poeta debía escribir para o pobo ou permanecer pechado na súa torre de marfil, a súa inmediata respota foi: “¡Escribir para el pueblo, que más quisiera yo!”. E continuou. “Escribir para el pueblo es, que más quiero yo por de pronto, escribir para nuestra raza, de nuestra tierra, de nuestra habla. Tres cosas de inagotable contenido que no acabamos nunca de conocer. Es, como no, escribir para gente de otras razas, otras tierras, otras lenguas. Escribir para el pueblo es llamarse Cervantes, Shakespeare, Tolstoy…”
Sen dúbida as grandes e máis importantes obras de cada país son obras do pobo e pertenecen a el. O pobo, coñece, afirma e representa a insuperable dignidade das persoas e confirma a frase de que ninguén é máis que ninguén. E ese ninguén, é ninguén. O pobo, que é quen traballa, quen produce, a xente do común, os que barren as rúas ate o propio presidente do Goberno, pasando polos políticos que tantas veces malgobernan e que só defenden os seus intereses particulares tomando ao pobo polo pito dun sereno, facendo política de refugallo, de acoso e derribo, de extorsión, de quítate para poñerme eu.
Semella, ao meu entender, que o que menos lles interesa o facer política razonada e de progreso. Consensuar. Aprobar leis que beneficien a gran maioría. ¿Onde está a palabra, a educación, a ética, a honestidade e a decencia nun alto porcentaxe de políticos deste país?
Seino, hai moitos que traballan para intentar solucionar problemas da ciudadanía, que son moitos, graves, (algúns de ingreso na UCI) e se non o logran é por desinterese programado con nocturnidade e aleivosía, comenencia – proveito para os intereses privados deles e do partido.
Non é pois de sorprender que tantos e tantas persoas, especialmente a mocidade, non se sintan achegados á política, se os políticos son os primeiros en tirala pola borda coas súas actuación egoístas, cínicas e tantas veces cretinas.
É preciso xente intelixente, traballadora e honesta que dignifique a política. Dicía Eduardo Punset que, “las personas movidas por ideales han de interesarse pola política”. Se non nos preocupamos da política, se non seguimos de cerca a quen nos goberna, apoiando, criticando ou tirándolles das orellas, practicarán a que máis se achegue aos seus intereses.
Dende o limiar dun meu soño pareceume oír voces que dicían: imos facer, prometo, subiremos as pensións, baixaremos os impostos, crearemos medio millón de postos de traballo cada ano, Navantia Ferrol e Perlío farán barcos á esgalla. Serían os corvos nas noces, pensei eu ao despertar. Sería un soño romántico dun caritativo outono que me vén saudar.
Benvido outono, de sementeira, de colores mil nos campos, de anhelos, sentimientos, poesía e soños. “ Una mañana de otoño, / cuando los campos se aran, cuando la tierra se labra… (Antonio Machado, canta).
Non sei a vostedes, pero a min o outono motívame a soñar. Esta pasada noite soñei con un “mundo normal”. Sen odio, sen miseria, sen guerras, no que os rexedores dos gobernos se entendían, no que os viandantes ían alegres, sorrían, saudábanse. Incluso dábanse bicos. Eran felices.
Fermosos soños de outono que deixan mal sabor de boca cando examinamos a realidade. Menos mal que nos quedan os mariquitos salgados, os magostos, e a esperanza. 

Preludio de outono

Te puede interesar