Luís Villares lexitima o seu liderado

O plenario de En Marea (o seu máximo órgano decisorio) aprobou con maioría absoluta todas as propostas políticas e organizativas de Luis Villares e da dirección nacional, rexeitando as emendas todas dos críticos. Luís Villares seguerá a desenvolver o liderado orgánico canda o parlamentario e as expresións políticas parlamentarias da organización, quer en Compostela, quer en Madrid haberán de sintonizar no próximo futuro coa dirección nacional que lidera o lugués, tendo en conta a proximidade das vindeiras eleccións locais.
Certo é que só participou o 23% do censo inscrito. Mais certo é, tamén, que os proxectos políticos oparticipación e non dende a abstención. Ademáis, sería un erro grave de percepción por parte dos críticos sumar a meirande parte dos abstencionistas ás súas contas, cando en grande medida han de se sumar á desafección xerada polo continuo balbordo orgánico. A xente quere solucións sociais e políticas prácticas, imaxinativas e participativas para a súa vida cotiá e a dos seus e non batallas continuamente retransmitidas vía media e redes sociais.
Ningúen pode negar, porén, que o agora empoderado voceiro e a dirección nacional marente teñen que soldar unha fractura interna evidente, tanto facendo medrar a maré galega cara a novos sectores das maiorías sociais canto recuperando moita da disidencia. Mais, para sermos obxectivos, cómpre recoñecerlle aos máis achegados á dirección que nos últimos meses foron continuos os esforzos por acadar a integración política e orgánica desta disidencia. Falta agora saber se os diverxentes queren maximizar esta fractura. Semella que a inminencia da axenda local impedirá unha ruptura e que os alcaldes da Coruña e Compostela afondarán tamén na liña de concordia e unidade, única posíbel para se presentar perante cadanseus electores á volta de pouco máis de vinte meses .
Gañou tamén a autonomía da Maré galega fronte ás propostas máis ou menos implícitas de xogaren a ser franquicia de Unidos Podemos. Unha decisión estratéxica que lle permitirá xogar aos de Villares todas as avantaxes da centralidade do mapa político galego, afondando na cooperación política co novo PSdeG e BNG e manténdose, polo menos en parte, indemnes do abaneo –senón mareira ou forte mareira– que se anuncia no mundo podemita para as vindeiras locais.

Luís Villares lexitima o seu liderado

Te puede interesar