Feira do Camiño Inglés en torno ó kilómetro Cero

Cando vin este titular tratei de enterarme si fora un erro do periodista, pero en toda a prensa viña o mesmo. Un grupo municipal presenta no pleno a moción e sae aprobada con dúas abstencións.

Primeiro pensei “pasar de todo”, pero falei con C.M. e dixome; Oca faino ti, eu non cambio nin unha coma, por ese motivo vou dar a miña opinión. O Km. Cero non só no Camiño Inglés senón en todos os camiños (Norte, Primitivo, Vasco-Rioxano, o Salvador, Inverno, Ruta da Prata, Sanabres, Portugués, Catalán, Madrileño...) está situado na Praza do Obradoiro e o punto Cero é na Catedral de Santiago. Deste punto Cero do Km. sale a todos os lugares que teñen punto de partida;

Coruña (75 km.), Ferrol (117km.), Sevilla (950 km.), Sanport (850 km.), Roncesvalles (750 km.), Irún (700 km.), Lisboa (850 km.).

O Camiño Inglés ten dúas saídas: unha do porto Curruxeiros de Ferrol (117 km.),  que vai pegado á parede de Bazán, Caranza, Artábria, Narón... No artigo di que o acto vaise facer no Ferrol Vello, pero antigamente o porto era na Graña; isto o deixo como reflexión.

As credenciais no camiño de Ferrol non só se dan neste concello senón en Narón (110 km.) e Neda (102 km.), sendo este concello, o de Neda. o que primeiro deu as credenciais e fixo a man os mapas do camiño baixo a dirección do peregrino Sr. Grueiro.

Outra saída do Camiño Inglés é desde Coruña, desde a igrexa de Santiago na parte vella da cidade. Ao ter so 75 km. e non poder dar a credencial dos que ían a Santiago por ter menos de 100 km., reunironse os alcaldes da Coruña  Santiago có Arzobispado para en esta única saída dar acceso á credencial, que si chega ben cuberta danche a Compostelana.

Non sei que pensa o alcalde de Ferrol disto, pois outros concellos como Fene (98 km.), Cabanas (90 km.), Pontedeume (80 km.), non dixeron nada (non saben, non contestan, non ten interés).
Pero en iste caso é peor que os alcaldes de Fene, Cabanas e Pontedeume non dixeran nada.
Tamén neste pleno recrimináronse que non presentasen proxectos para as subvencións para actividades no Camiño.

Para iso fai falta coñocemento, ideas, tempo e interese, pero creo que a corporación de Ferrol carece de todo isto e, sobre todo, interese.

Espero que nas outras áreas a corporación teña máis interese. Por todos estes motivos agardo que os organizadores deste evento reuñan polo KM. CERO.

Feira do Camiño Inglés en torno ó kilómetro Cero

Te puede interesar