UNIDADE

Si hai unha palabra repetida nos últimos anos dentro da esquerda  esta é a de unidade. Son tan grandes os retos aos que nos enfrontamos, tan estructurais, que calquera observación minimamente intelixente da realidade que nos rodea esixe a maior acumulación de forzas posibles. Eu, xa o adianto, estou por tender as pontes necesarias para que isto sexa posible. Tamén son un defensor de preservar aquilo singular que nos diferencia convencido de que a riqueza que dita diversidade apórtanos engrandece as propostas individuais. Temos que saber ler os tempos que vivimos. Agora, como case sempre, o entusiasmo é algo que a cidadanía percibe fácilmente e sempre ten premio. Nunha paisaxe tan gris como o que nos toca vivir agarrámonos a aquilo que é diferente ou que cheira a esperanza. Sexamos xenerosos, a unidade non é a forma máis cómoda de ter a todos xuntos e poder repartir reproches con máis facilidade… reflexión e movemento.

 

UNIDADE

Te puede interesar