O INFERNO

A pintura, como moitas outras disciplinas, está sometida a un proceso onde unha enerxía inicial ten que canalizarse ata conseguir unha plasmación material. Case inevitablemente nese tránsito prodúcese unha perda de potencia. Isto é algo moi perturbador, cando un é novo víveo case como unha traxedia, pero cos anos ese “erro” enténdese mellor. Todas as nosas vivencias, as influencias e sobre todo os nosos fracasos convértense no motor invencible de novos proxectos. Nada é perfecto, nunca se dan as condicións idóneas pero no camiño construímos. Coñezo moita xente cargada de talento que anos despois permanece na beira, quedaron paralizados por medo a non conseguir algo puro. Persoas que dende a súa posición sinalan co dedo os defectos dos que fan. Sempre chegamos ao inferno do concreto, manchámonos, iso ou a nada. En política pasa o mesmo, desgastemos a forza latente, fagamos algo práctico…, unha alternativa.

 

O INFERNO

Te puede interesar