Festa

Estamos nun mal momento, non hai traballo, así que debemos celebrar que grandes empresas contraten aos nosos mozos.
As condicións laborais, loxicamente nesta situación, son o menos importante. Non hai futuro na comarca así que debemos festexar, non pode ser doutro xeito como bos ferroláns, a chegada do ferrocarril ao porto exterior aínda que sexa esnaquizando a nosa ría e xa que logo a esperanza dunha fonte de riqueza sostible. O panorama preséntase gris así que toca alegrarse pola aposta que significa un novo centro comercial na cidade. Non é o momento de pensar no comercio local e moito menos na utopía dunha planificación urbanística ideal da nosa contorna. Quen dixo crise? O “bussiness” está de festa, o negocio en plena forma e ademais todos agradecidos e contentos. Eu non podo menos que congratularme por aqueles que atopan un alivio… e chorar polo pouquiño que nos van deixando.

 

Festa

Te puede interesar