Cuadrilla

Non hai mellor pedagoxía que a experiencia. Ante determinados enunciados ou axiomas comunmente aceptados nada mellor que darse un baño de realidade. Isto sucede cos argumentos utilizados habitualmente para defender e promover a privatización de determinados servizos públicos. Pensan realmente que na nosa contorna máis inmediata funcionan mellor a educación ou sanidade en mans de sociedades empresariais? Observan que a súa factura do auga vese beneficiada en algo pola existencia de Emafesa? Eu estou seguro da resposta e non é únicamente unha cuestión ideolóxica, a miña posición vén apoiada pola observación da praxe diaria. Vemos agora como outro tanto sucede co mantemento dos viales da cidade. Non sería boa idea cambiar de sistema e recuperar aquelas cuadrillas municipais encargadas destas e outros labores do Concello? Son bastantes as grandes cidades do mundo que abriron os ollos e camiñan agora nese sentido.

Cuadrilla

Te puede interesar