Xa van setenta e cinco anos

Este dez de marzo cumprense por un lado o 47 cabo de ano do asasinato dos compañeiros Amador e Daniel no Ferrol, cuxo único delito foi loitar pola dignidade nas condicións de traballo e vida da clase traballadora galega, a mans da policía española e por outro lado este dez de marzo tamén se cumpre setenta e cinco anos da publicación dunha das obras maxistrais da escrita en Galiza como foi o Sempre en Galiza do noso gran Castelao. Un Castelao que non esaxero se digo que foi posibelmente o cerebro mais brillantes de todos os tempos que tivo a política e outras artes este país e que hoxe en día, a pesar que a súa obra e a súa vida en múltiples campos foi prolífica, analizando con obxectividade, rigor e como non con retranca, a realidade do povo galego e a súa marxinación por parte do estado español, ademais de ser un intelectual recoñecido en diversos países, a súa obra repito atopase secuestrade e oculta a gran maioría do noso povo. Porque se o estado español fose un pais normalizado, onde as diferentes nacionalidades co conforman, vivisen en igualdade e dicir, en condicións de tu a tu entre o centro e a súa periferia, non seria lóxico que por exemplo este libro, en definitiva a súa obra, fose estudada e analizada en todos os centros de ensino do noso país, polas nosas estudantes. Velai deixo tres reflexións que fai o autor neste libro: Alguns homes –galegos tamén– andan a falar dun idioma universal, único para toda a nosa especie. Mais eu digolles que a variedade de idiomas, coa súa variedade de culturas, é o siño distintivo da nosa especie, o o que nos fai superiores aos animaes. Velaí vai a demostración: Un can de Turquia ouvea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaña. E sabedes por que? Porque os probes animaes aínda están no idioma universal...
Irmans: Fuxide sempre dos parvos. Non vos arrimedes a eles, porque poden roubarvos algo da vosa razón e transmitirvos a súa parvada. Deixádeos pasear, falar, danzar e medrar no seu mundo E se algún parvo chega a ser autoridade non mostredes asombro, porque son cousas do sistema que combatimos e dos tempos en que nos cadrou vivir. Non é posible negar a diferenciación psicolóxica de Galiza. Abondaría, para demostralo, con citar os aldraxes que os clásicos casteláns nos dirixiron, en verso e prosa, por considerarnos diferentes e nos asimilables; como bastaría lembrar ese afán, inconscentemente separador, dos que nos chaman “!Gallegos!” -con sorna- por creeren  que sendo diferentes somos contrarios a eles. Eses aldraxes teñen unha explicación: Os imperialistas, cando topan coa resistencia espiritual dun pobo sometido, confunden a “dureza para deixarse asimilar” coa “dureza para asimilar”. Asi os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un recoñecemento tácito do “carácter nacional”, que non se deixa esterminar.
CASTELAO “SEMPRE EN GALIZA”
 

Xa van setenta e cinco anos

Te puede interesar