Treboada e raiolo

Vivimos nun estado español onde a democracia aínda esta en estado inmaturo. Se miramos democracias do noso entorno, podemos observar que os problemas por exemplo de corrupción tratanse de xeito diferente e as pessoas involucradas acaban sendo condenadas e dimitindo da política, algo que non acontece no reino de España. Tamén vemos que a actitude ante outros problemas e abordada tamén de xeito distinto a como se trata aquí E curioso ver nas diferentes TV españolas, como supostos grandes analistas políticos, que non son mais que, os analistas oficiais do réxime e algún outro que quere entrar neste grupo, como falan de Dinamarca ou por exemplo de Gran Bretaña, de grandes democracias no referente por exemplo, a dimisión da sra. May debido a perdida de apoio político. 

Mais calan e non din nada ante a actitude e a disposición neses mesmos países, no tema das ansias de liberdade do povo escocés ou das illas Feroes, favorecendo e promovendo un referendum en ambos lugares. Nestes casos que si son leccións de autentica e pura democracia, todos estes analistas pechan a boca e ao mesmo tempo, gaban e xustifican a decisión de Madrid, de reprimir con todos os medios quer desde o punto dunha suposta legalidade, quer desde a represión con violencia física, contra todo o que teña que ver co referendum catalán, denominandolo “ilegal” e as súas “radicais” promotoras as cales segundo eles, no acatan os supostos “principios democráticos” do estado español.

Tamén e curioso ver como neste estado español, o cal durante 50 anos estivo sometido a un réxime que se fundamento, en someter a poboación a unha represión brutal ante calquera loita que buscase a democracia e as liberdades básicas de calquera ser humano, é curioso repito, ver como branqueanse e promovese un partido como o de VOX, o cal nega a represión franquista e acaba de anunciar co seu éxito vai uns días nestas derradeiras eleccións, que vai dar batalla para anular as políticas de liberdade das pessoas e por fin ao que eles denominas a mordaza da ditadura progre. Xente que insulta e difama a memoria das vítimas do holocausto franquista,manipulando a historia máis a xustiza española e a súa clase política fan oídos xordos. Unha ultradereita que como sempre, esperou agochada a súa oportunidade a cal, ven sempre da man das grandes crises económicas e da incoherencia dos partidos dominantes. Porque o discurso destes energúmenos, sempre é o mesmo e basease na manipulación sistemática dos datos, algo que é moeda común nestes partidos de radicais. Cabe destacar que seu auxe a principios do século pasado, estas bandas de descerebrados fixeron o mesmo discurso en esencia que na actualidade. Porque o seu odio visceral ao inmigrante nos é polo xeito tanto de ser inmigrante como polo xeito de ser pobre. 

Con certeza que maña veñen vente negras, vente eslavas e vente suramericanas a xogar algún deporte non nosos equipos e pode ter a certeza o lector, que teñen pretendentes entre as filas da ultradereita, para casar con elas-eles. Porque o odio é cara o negro que ten que saltar a valla de Melilla, o odio é cara a eslava que ven nun camión escondido ou cara o suramericana que ven con un visado de vacacións para intentar ganarse a vida e poder mandar algo de diñeiro a súa familia. 

Máis os políticos españois dos chamados partidos democráticos, en vez de combater ese discurso do odio dedicanse a fomentalo, visitando a valla de Melilla e dando parabéns a Garda Civil e a Policía española, por aporrear, a xente que o único que quere e gañarse a vida honradamente, xa que o noso sistema económico, os despoxou dos seus recursos, en definitiva, de ter un futuro digno nos seus países. Máis o odio destes taraos é tamén contra as mulleres(negando a violencia machista e fomentando o patriarcado) os homosexuais, a cultura e tradición galega anunciando que van prohibir falar o galego oficialmente.

Máis compre dicir, que o auxe da extrema dereita estase a dar a nível mundial, desde o estoupido do colapso económico que sufrimos. Comentan as grandes economistas non adscritas ao réxime neoliberal, que as nosas economías non volveran crecer a niveis do 3%, tal como entendemos o desenvolvemento. Isto esta a traer, que aínda hoxe en día a pesar de que nos din que xa saímos desta crise como eles a denominan, a realidade é que nos están a mentir. Todos os días estamos a escoitar denuncias, de como cada vez máis traballadoras teñen que recorrer a ONG para poder comer, xa que os salarios non lles dan para acabar o mes. É indubidábel, que isto entre outros motivos, esta a facer que o discurso do odio desta xentalla, esta a facer repito, que cale dentro de determinadas capas sociais, que están a pasalo realmente mal e que toda a súas vidas traballaron honradamente para gañarse a vida. Porque como dicía Lionel Jospín, o cal foi primeiro ministro francés e líder dos socialistas franceses -a extrema dereita é unha xente que fan moi boas preguntas pero polo xeral dan moi malas respostas-

Máis nestas derradeiras eleccións aquí na Galiza, non foi todo treboada senón que tamén houbo raiolos de sol. Refírome a volta do BNG ao congreso dos españois. Grazas a isto, os próximos 4 anos en Madrid, non lles vai quedar outra que escoitar as demandas do povo galego. Un povo galego que leva séculos golpeado polo centralismo español e que nestas derradeiros 4 anos, estivo totalmente ausente da folla de traballo dos governantes españois. Grazas á deputada conseguida aínda que con certeza Galiza merecese ter algún máis e sobre todo, ter grupo proprio como ten Euskaras e catalas, é certo que agora podemos esixir que en Madrid haxa unha axenda Galega, como o BNG esta a anunciar que vai demandar. 

A transferencia da AP9, a re-industrialización de comarcas como Ferrolterra ,a Tarifa eléctrica galega ou un concerto no referente a financiación como teñen Euskadi e Nafarroa, algo fulcral para superar a desigualdade que termos con outras zonas do estado español, con certeza que vai estar presente nas esixencias do nacionalismo galego en Madrid. Máis e fulcral que se socialize o traballo que seguro que será arreo, para que a xente coñeza quen vai ao reino de España a traballar por Galiza e quen vai nada máis que a cobrar e deste xeito loitar por alcanzar un grupo parlamentar proprio nun futuro medio.

Treboada e raiolo

Te puede interesar