Tomemos conciencia

O noso pais está ao límite. Os problemas son diversos e moi graves. Galiza atopase con un problema, o demográfico, que nos próximos anos pode por en xaque o funcionamento do país. As nosas mozas e mozos non lles queda outra que emigrar se queren formar unha vida ou simplemente poder vivir do seu traballo. O problema é tan grave, que o noso demagogo por excelencia o Sr Nuñez Feixoo acaba de falar fai uns días a través do seu altofalante preferido, refírome a Voz de Galicia, que vai intentar que retornen 22000 mozas e mozos E eu pregunto me: que os vai a por a roubar pitas piñeiras e asaltar hortos pra que poidan comer?. Porque o traballo de camareira e a limpeza de escaleiras xa non da máis de si. Que eu saiba aquí non se esta a abrir novas empresas ou poñer a funcionar as xa existentes, como pode ser o caso do sector naval civil. Refírome a Astano que na nosa comarca podería en momentos puntuais ter ocupadas a 2500 obreiras e obreiros. Quen vai retornar ao país, sen un traballo con unhas mínimas condicións de seguridade e en moitos casos, sen que sexa un traballo pra o que tan duramente prepararonse.
Mais eu hoxe quería falar doutro gran problema que afecta a Galiza e tamén ao planeta, como é o meio ambiental, xa que o próximo 22 de avril é o día da Terra. Un planeta que se está quedando sen bosques. Bosques dos que dependen case 2 mil millóns de pessoas as cales, obteñen deles alimentos, enerxía ect... Cerca do 80% das especies de plantas e animais habitan nos bosques e aproximadamente 13 millóns de hectáreas de bosques se destrúen todos os anos por acción do home. Esta tala indiscriminada, xunto coa industrialización que termos desde fai século e meio, máis o transporte e certos métodos de cultivo esta a facer que os gases de efecto invernadoiro aumenten considerabelmente, producindo o chamado cambio climático o cal, xa estamos a parecer Un efecto invernadoiro que xa esta a aumentar a temperatura no planeta e que nas grandes urbes por acción do asfalto e dos cristais aínda será maior a sensación de calor que no exterior das cidades. Un cambio climático que está a facer que xa haxa millóns de pessoas desprazadas fundamentalmente pola falta de auga e por culpa dos fenómenos meteorolóxicos extremos. Que nas zonas pobres haxa máis desnutrición, pola redución da produción de alimentos ect... Cabe destacar que desde 1980 por mor dos desastres naturais producidos polo cambio climático máis de 4 billóns de dólares é a factura que pagamos como consecuencia do mal chamado progreso. Ademais este aumento das temperaturas está a facer, que os xeos polares permanentes estanse a fundirse co conseguinte aumento do nivel do mar, o cal vai facer que moitas zoas costeiras vaian a desaparecer. Xunto a isto outro perigo do que advirten os científicos é que nestes casquetes polares, atopanse atrapadas no xeo, moitas bacterias e virus de épocas pasadas. Ao destruír se estes xeos polares con certeza liberaran se ao ambiente, podendo traer de novo grandes epidemias de antaño.
Máis no noso país o meio ambiente tamén está a sufrir outros importantes problemas producidos pola acción do home. Unha eucaliptización excesiva, que está a producir que os ecosistemas dos nosos montes esteanse perdendo, coas terríbeis consecuencias isto suporá no futuro . Cabe sinalar que na actualidade, 1 de cada 5 metros cadrados de superficie de Galiza esta poboada por eucaliptos. Máis ha que dicir que este problema non e froito da casualidade o da mala decisión do pobo galego. É froito das políticas de Madrid, que coa a axuda dos seus monicreques no país, ven a Galiza ,o máis concretamente como eles nos denominan a súa periferia, como zona de produción de materias primas, coa finalidade de satisfacer as necesidades das súas empresas en este caso Ence, sen importarlles os custes sociais e meio ambientais que producen este tipo de políticas. Isto mesmo poderíase dicir dos nosos ríos, os cales están asolagados de mini centrais eléctricas pra produción de enerxía, sen que ningún tipo de beneficio ou compensación reverta no noso territorio. Isto nom é máis que o produto de unha relación de tipo colonial goste ou nom. Tamén é curioso que estando Galiza a cola en industrias no estado, sexamos líderes na emisión de certas partículas altamente nocivas a atmosfera, produto de que soportamos unha industria fortemente daniña pra o meio ambiente e saúde das pessoas; industrias que de seguro xeran traballo no país, máis os beneficios e os impostos pagasen no centro do estado sendo estes, quen se levan a riqueza mentres nos cargamos cos efectos secundarios como son, a destrución do noso patrimonio natural e tamén en forma de todo tipo de doenzas. Como dirán moitos, “comida pra hoxe fame pra maña”. Proba de isto o termos na nosa comarca na zona de As Pontes. Un povo que durante máis de 50 anos viviu da extracción do carbón. Un povo receptor de veciñanza de fora, mais cando o carbón esgotouse, pasou a ser un povo onde na actualidade a mocidade ten que emigrar, xa que a zona vivía fundamentalmente da propria extracción do carbón. Carbón este cuxa finalidade era a de subministrar enerxía a Madrid, lugar onde esta extracción xeraba os beneficios e pagaba os impostos. Curiosamente so desde o nacionalismo reclamase que os impostos e parte dos beneficios, queden nos lugares onde se xera a materia prima, pra deste xeito poder crear outra economía paralela, a cal sirva pra afrontar como neste caso a época pos-carbón. Máis cando un fala disto, sempre desde Madrid contestan falando de solidariedade e como di nun de seus artigos Iván Rivas, voceiro do BNG de Ferrol, esta solidariedade resulta que sempre é unidireccional. Nunca somos nos os que recibimos a solidariedade do centro do estado.
Xa pra rematar é fundamental que as galegas e galegos tomemos conciencia dos problemas meio ambientais que asolan Galiza, as súas causas e as súas consecuencias, pra deste xeito saber diferenciar, quen son os causantes e quen son os que verdadeiramente preocupan se do noso patrimonio. Porque como calquera pessoa pode entender é imposíbel arranxar os problemas internacionais, sen antes arranxar, os problemas locais. 

Tomemos conciencia

Te puede interesar