Termos que estar

Vivimos nun momento histórico onde ser honrado e dicir verdades, converteuse en unha virtude ademais de nunha odisea para quen intentamos practicalo. Hoxe os delincuentes de guante branco algúns dos cales neste Ferrol mais de un coñecemos, son aclamados non so polo pobo llano, senón tamén polas autoridades chegando a tal punto, que ata daselles medallas ou outro tipo de recoñecementos institucionais. 

É indubidábel que a historia non perdoa e cada quen ocupara o seu posto nela. Sempre foi asi e sempre seguira sendo, mais conto todo isto, pola desfachatez do presidente da Xunta de Galiza o Sr. Núñez Feijóo, tamén coñecido como o amiguete de Marcial, lembrades “solo se que había neve” no debate sobre o estado de Galiza. O suxeito este, atreveuse a dicir, que Galiza esta agora mellor que fai dez anos, describindo unha Galiza máis propria dos mundos de Yupi que a Galiza real.

Porque fai falla ser indecente ou como dixo Ana Pontón lideresa do BNG un amoral para dicir, que Galiza a cal atopase con unha sanidade pública desmontada e esnaquizada para beneficio e gloria dos lobies privados da saúde, onde a falla de medicas, enfermeiras, fisioterapeutas, auxiliares ect... é unha constante e moitas das que teñen a sorte de que as chamen pra traballar, o están a facer nunhas condicións máis proprias de tempos pretéritos. Isto esta a facer, que moitas destas profesionais opten por facer as maletas en busca dun futuro mellor, polo que tan duramente na súa mocidade se prepararon co cal, atopamonos que non hai médicas e demais persoal sanitario, para cubrir os postos de traballo, debido as políticas neglixentes e interesadas do governo do PP do Sr. Feijóo. 

O tamén poderíamos falar da educación, onde milleiros de mestras foron cesadas baixo a desculpa da crise, xa que tiñamos que pagar a débeda que xerou a cobiza da banca, mais en vez de pagar, nos endebedamos máis xa que, nunca na historia do noso pais Galiza estivo tan endebedada grazas a xestión destes supostos grandes administradores do PP. 

Neste punto cabe sinalar, que a débeda de Galiza desde a chegada de Feijóo ao governo da Xunta, multiplicouse case por dez, algo totalmente incomprensíbel para calquera persoa con dous dedos de fronte, xa que estabase a desfacer decenas de milleiros de postos públicos nos sector social, para pagar esa suposta débeda, mais non nos desendebedamos senón que, a multiplicalos por case dez.

Porque podería seguir escribindo sobre a ruína que supón para os servizos públicos deste país, os gobernos do PP tanto na Xunta como no estado español ou escribir tamén sobre o desmantelamento que esta a sufrir o noso rural, co único fin de que este sexa pasto da mellor calidade dos eucaliptos, para beneficio das pasteiras madrileñas. Cabe citar o desleixo de Feijóo no caso de Endesa a cal, xa sabían fai mais de vinte anos que non tiña futuro e en vez de pedir que se crease unha industria paralela ao carbón, como ven demandando desde vai décadas o BNG(xa que como todas podemos entender, o carbón como calquera dos recursos naturais é finito) para deste xeito, afrontar a etapa post-carbón en condicións e non ser outro povo mais da Galiza, fornecedor de man de obra barata, para o resto do mundo como está a suceder xa nas Pontes.

É indubidábel que Galiza, as galegas e os galegos, merecemonos outra clase de dirixentes que non sexan meros monicreques dos poderes fácticos casteláns e que ademais, teñan unha mínima preparación e as ideas moi claras de como debe desenvolverse esta nación. Unha nación con unhas enormes potencialidades as cales non están a desenvolverse en beneficio das nosas xentes, en beneficio do país senón que, están a ser explotadas e utilizadas como moeda de cambio dos intereses do centro d estado español. 

Para isto compre sinalar que hoxe en día soamente o nacionalismo esta a dar respostas claras e encamiñadas pola bos senda alí onde goberna. Exemplos como Pontevedra (cidade a cal Feijóo debeu borrar da súa memoria xa que foi o único ademais de principal dirixente que non congratulou ao governo da cidade do Lérez polos recoñecementos acadados a nivel mundial)Allariz, San Sadurniño ecétera... están a ser referentes de políticas avanzadas, na mellora da vida das súas xentes e do seu medio ambiente, obtendo moitas delas recoñecementos mundiais en diversos campos 

É fulcral que Galiza vaia no rego do desenvolvemento como outras zonas de Europa xa que, termos os recursos e a preparación necesaria, con políticas onde prime o social e as xentes, por riba dos intereses das grandes corporacións, con políticas que protexan noso patrimonio medioambiental cultural, con políticas que freen despoboamento das nosas cidades e do rural, con políticas onde poidamos protexer e potenciar para o interese do noso povo os nosos sistemas produtivos os cales, seguen a ter unha enorme potencialidade fronte aos interese espúreos e alleos a nos, con políticas que protexan as nosas traballadoras e pensionistas xa que seguimos a ter as pensións e salarios máis baixas do estado, con políticas que protexan as nosas pequenas burguesas creadoras importantes de emprego da depredación das multinacionais.

Máis para iso é fulcral volver a ter o maior número de representantes políticos no Congreso dos Deputados español. Porque se miramos a etapa desde que perdemos a representación neste importante para nós espazo, Galiza está totalmente desaparecida ademais de que nos seus sectores produtivos acelerouse seu desmantelamento chegando a tal punto, que os peores presupostos xerais para Galiza danse neste período, co conseguinte baixada de orellas e mudez, dos que por primeira vez conseguían representación no congreso dicindo que por fin Galiza estaba representada. Iso si máis eu añado: Representada por uns getas.

“O patriotismo nazonalista, único que non paga con algueireios e berros, senón única mentes con feitos, pode definirese como o xermolare da conscenza de unha intima estreita e total comunidade antre nos e a terra nai-a nazonalidade  a que pertenescemos- comunidade que nos fai fitere n-ela como un desdobramento multipricado de todo o que nós somos” Ramón Villar Ponte.

Termos que estar

Te puede interesar