A pé ou en bicicleta moito mellor

Covid-19 vino a demostrarnos unha vez máis, a desunión que hai entre os diferentes países auto-denominados desenvolvidos, incluso ante un problema de primeiro orden, no concernente a saúde da poboación en xeral. A guerra desatada co tema das vacinas, onde cada quen esta a comprar os futuros preparados para as súas cidadás, cando isto tiña que ser acordado a nível global e priorizando sobre todo a aqueles países, os cales, non teñen as infraestruturas sanitarias nin farmaceúticas nin sociais desenvolvidas, para atender este agudo problema, estannos a demostrar o ruín que é o sistema capitalista e os seus dirixentes.
É indubidábel que a vacina é un arma moi importante para superar esta pandemia e que a situación volva a nefasta normalidade, a cal aclaro, é a responsábel da aparición do Covid-19. Máis as científicas están a comprobar, que naqueles lugares onde a contaminación é máis alta, contaminación producida quer pola mobilidade a motor quer polas calefaccións, as persoas que sofren a enfermidade teñen peores desenlaces. Parece ser que o virus ao afectar ao sistema respiratorio, é o motivo de que as cidadás que viven en grandes urbes con elevada contaminación, teñan maiores posibilidades de pasar a enfermidade de peor xeito e cun peor desenvolvemento, xa que, o seu sistema respiratorio está máis afectado.
Por todo isto, compre que as cidades fomenten a cultura de moverse a pé ou en bicicleta, para desta forma  mellorar a saúde quer pulmonar quer en outros aspectos da sua poboación e ao mesmo tempo, diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro a atmósfera.
Cidades como Pontevedra, a cal, leva gobernada desde fai anos polo Bloque, conseguiu pasara de ser unha cidade intransitábel para os peóns, a ser unha cidade saudábel, onde a pegada ecolóxica é mínima e incluso os mortos por accidentes de vehículos a motor, tamén son anecdóticos. 
Porque este debe ser o modelo a seguir no Ferrol (coas nosas peculiaridades) onde, o transporte a pé ou en bicicleta teña prioridade fronte ao coche particular, polo que urxe aplicar as políticas correctas para unha mobilidade sustentábel e que sobre todo, dificulten o uso do coche particular. 
Segundo as organizacións medicas, perto de 40 mil persoas morren ao ano no estado español por mor da contaminación do trafico a motor, fundamentalmente do coche privado. 
Algo que  mires desde o prisma que o mires, algo repito intolerábel, ademais de ser causa de moito sufrimento para moitas familias.
En definitiva como dicía o filósofo británico ademais de historiador e escritor H.G.Wells “Cada vez que vexo un adulto nunha bicicleta, recupero a esperanza polo futuro da raza humana”.

A pé ou en bicicleta moito mellor

Te puede interesar