Os puntos sobre as is

O derradeiro informe da ONU sobre biodiversidade, alerta da perdida de máis de un millón de especies nos próximos anos.  Uns impactos producidos na súa maior parte, polo noso sistema económico, polo noso modo de vida. Un modelo de vida baseado na opulencia e na abundancia das nosas sociedades ( abundancia a cal ha que dicir, que non chega a todo os sectores das nosas sociedades) a costa da sobre-explotación do planeta e a costa do subdesenvolvemento de case o 80% da poboación do mesmo. Un 80% de habitantes aos cales, estamos lle roubando os seus recursos( por meio xeralmente da imposición de governos corruptos ou montando lles conflitos armados) e as posibilidades de mellorar as súas vidas, xa que si as nosas economías dependeran das nosas materias primas, con certeza que non poderiamos levar este tren de vida.

Un tren de vida baseado no desbalde e no consumismo, na súa gran maioría de produtos totalmente innecesarios. Din as psicólogas-os, que case un 90% das pessoas que van a un gran centro comercial a mercar, van sen saber o que van comprar, esperando encontrar alí algo que lles de uns momentos de satisfacción. Satisfacción que se reduce considerabelmente, cando pagamos o produto e saímos do establecemento. Días despois xa perdemos totalmente o interese por el. Non é certo, que cando mercamos unha peza de roupa, a partir do segundo lavado, xa deixou de ser a peza favorita, pra ser unha máis do armario? 

Ademais este sistema económico, baseado no consumo como motor da economía (ao meu entender non do desenvolvemento) foi quen de cambiar desde o sistema tradicional, acorde coa nosa cultura e meio ambiente de alimentación, ata o noso modelo de compras. Senón, non é certo que cando imos ao supermercado a buscar os tres produtos que nos fan falla pra vida diaria, case sempre saímos con media ducia de produtos de máis e que na maioría das veces son cousas superfluas?

Porque o modelo de alimentación que levamos, é unha das pezas fundamentais nos problemas meio ambientais do planeta. Desde fai anos  convertemonos nunha sociedade carnívora, ademais de unha sociedade que abusa dos lácteos, sen darnos conta dos danos que supón isto pra o planeta e o resto de habitantes do mesmo. 

Hoxe en día xa ha máis reses que xente na Terra. Reses que alimentamos fundamentalmente con cereais, sen darnos conta do que isto supón: deforestación –uso de toneladas e toneladas de químicos e hormonas– liberación de inxentes cantidades de metano a atmosfera é dicir; perdida de biodiversidade- perdida do modelo de vida tradicional de centos de milleiros de pessoas-  Contaminación- traspaso de alimentos da xente cara alimentar o gando ect... Cabe sinalar que pra obter dous centos gramos de proteína de vacún, compre case os dous quilos de cereais. Porque hoxe en día, mesturar legumes pra obter a proteína necesaria é de xente pobre. 

Xunto a isto cabe sinalar, que tamén transformamonos nunha sociedade cómoda, que non quer renunciar a esta comodidade. O normal desde vai tempo é ir ao supermercado e mercar bolsas de ensaladas, porque dicimos que non temos tempo pra preparala, mais si o temos pra estar nunha terraza tomando a caña. Ensaladas que cada compoñente teñan vostedes a certeza, ven de diferentes partes do planeta, con todo o que isto acarrea pra o meio ambiente, ademais de pra os dereitos das traballadoras-es( laborais, sanitarios, de falta de cobertura medica, sindical ect...). 
Poderíamos falar tamén de como nos volvemos unha sociedade de hipócritas, os cales por exemplo, queremos que se prohiba o aceite de palma, porque descubrimos que é malo pra noso sistema cardiovascular, mais non porque máis de cinco millóns de pessoas xeralmente povos ancestrais que vivían dos bosques dos cales acadaban todo o que facíalles falta, tiveron que migrar das súas poboacións (con todo o que iso suponlles), pola deforestación producida pra plantar palma en indonesia. Deforestación que fixo que se perderan centos de milleiros de especies, as cales a gran maioría non estaban catalogadas e nunca chegaremos a saber como eran.

Xa pra rematar, podía seguir dicindo como as nosas sociedades con un PIB tan alto o cal, recolle e reflicte o peor do sistema e non o que verdadeiramente importa como: a cultura, a calidade da educación, da saúde tanto física como psicolóxica, a calidade das nosas relacións  ect... están a facer tanto dano ao planeta e a maioría dos habitantes do mesmo. 

Por iso é fulcral que retomemos xeitos de vida anteriores a este sistema económico suicida e unha das maneiras é, volvendo aos nosas xeitos de alimentarnos tradicionais. Por iso repito, medidas como as que leva o BNG en moitas localidades do país e concretamente no Ferrol. Refírome a crear no val de Esmelle, unha das terras mais fértiles da localidade, unha zona de produtos ecolóxicos onde a produción de alimentos fagase como se facía antes da chegada do DDT e agro-tóxicos posteriores. É unha medida que indubidábel que non vai supor a solución dos problemas críticos que ten Ferrol, máis si que vai supor que moita xente teña un nicho de traballo onde poida vivir con dignidade, será un reforzo importante pra economía local, porque moitos cartos quedaran nos circuítos proprios da localidade, será un chanzo máis na loita contra a contaminación da nosa terra, da nosa auga ademais de ser o xeito de volver a alimentarnos como se fixo toda a vida na Galiza, con o que nos mesmos producimos en cada temporada.

En definitiva medidas como esta veñen a demostrar dúas cousas: primeiro que nos somos quen de producir o noso, falando neste caso de alimentos e segundo, que é sempre e unicamente o BNG, neste caso Iván Rivas e resto do equipo, os que si lles das a forza, sempre, sempre repito, son os que poñen os puntos sobre as is.

“O estado inxusto nace da multiplicación das necesidades e do superfluo” Platón.

Os puntos sobre as is

Te puede interesar