Menos carne, máis vida

Covid-19 demostrounos, o perigoso e fatal que está a ser a deforestación da foresta primaria para a produción de soia, cereais ou tamén aceite de palma, para alimentar o gando Esta deforestación ten consecuencias de saúde para os humanos, como podemos comprobar con esta pandemia xa que, estamos a acabar cos espazos naturais onde se moven os animais salvaxes co cal, isto está a contribuír que o contacto entre estes e os humanos sexa máis próximo. Como consecuencia os virus que teñen estes animais, teñen máis posibilidades de entrar en contacto coas persoas, no seu camiño pola supervivencia.
E indubidábel, que o consumo de carne polas nosas sociedades, sociedades que representan o 20% da humanidade e que ano tras ano vai en aumento desde mediados do século pasado, está a ser responsábel desta deforestación, con todos os perigos que isto supón. Ademais a crianza de carne nas dimensións actuais e sendo esta crianza a base de estar o gando estabulado, está a facer que os excrementos destes, sexan un problema de tal magnitude, que a maioría dos acuíferos e ríos do planeta estean xa contaminados polas deposicións destes animais.
Con certeza o consumo de carne, ademais de ser un problema medioambiental é tamén un problema de saúde pública. Este consumo está auspiciado polas falsas crenzas, da carne como super-alimento con múltiples cualidades (da vigor, poderoso reconstructor o que máis ferro aporta etcétera). Máis a realidade é que o consumo habitual de carne vermella, ten moitas consecuencias negativas, para a nosa saúde, quer física quer cognitiva. Perto de varios milleiros de persoas no estado español, sofren de cancro colorrectal polo excesivo consumo de carne cada ano, ademais de favorecer a aparición de diabetes e enfermidades neurodexenerativas, sobre todo estas últimas co consumo de carne procesada.
Por todo isto é fulcral que volvamos a cultura atávica, cultura que levaba connosco desde que baixamos dos arbores, ata o século pasado e que volvamos a cociñar e comer, como o facían as nosas avoas, mesturando legumes, comendo moito peixe azul como os xurelos, os cales eran considerados na Galiza como o porco dos pobres e tomando moitas froitas e verduras locais. Máis se queremos consumir carne, mellor que elixamos carnes brancas e se escollemos mercar carne vermella, que esta sexa de gandería extensiva e ecolóxica.
“Comer carne é dixerir a agonía doutros seres vivos” Marguerite Yourcenar(Poeta-Dramaturga e novelista Belga).

Menos carne, máis vida

Te puede interesar