O indecente sistema capitalista

Vai uns días caia nas miñas mans, o informe de UNODC (Oficina de Nacións Unidas contra a Droga e o Delito) sobre as drogas 2018. Sen ser economista o que escribe ten claro, que as drogas no son máis, que un produto do sistema capitalista o cal, senón fose por estas e a inmensa riqueza que xera, o sistema estaría continuamente en crise.  

Neste informe falase como no ano 2016 un 5.6% da poboación mundial con idades entre os 15-65 anos consumiron algún tipo de droga, polo menos en unha ocasión. Case 14 millóns de adolescentes de entre 15-16 años consumiron cannabis no 2015, 11millons de mozas-os inxectabanse drogas no ano 2016 e preto de 20 millóns de pessoas consumen cocaína, por non falar dos consumidores de extasis, estimulantes suxeitos a prescrición médica ou opioides. Tamén neste informe falase de como a adolescencia tempera é o momento de máis risco na iniciación no consumo destas sustancias e o auxe no consumo, esta no período comprendido dos 18-25 anos, ademais de indicar que preto dos 35 millóns de pessoas consumidoras de drogas parecen trastornos devido a este consumo. Factores psicosociais como psicobiolóxicos están detrás, de que este grupo tan numeroso de pessoas, adopten condutas de risco, que poñen gravemente en perigo a súa saúde quer física quer psicolóxica. Compre sinalar que segundo a OMS preto de meio millón de pessoas morreron no 2015 a consecuencia do consumo de drogas; un terzo debido a sobredoses e o resto por enfermidades que se transmiten polo proprio consumo, como o VIH ou a Hepatites C enfermidade esta última, coa que conviven máis da metade dos consumidores de drogas por vía intra-venosa. Tamén falase de como as “novas” sustancias psico-activas con fins non médicos, están gañando protagonismo sobre todo nos EUA, quer mesturadas principalmente coa Heroína, o cal esta producindo un aumento espectacular nas mortes por sobredoses quer soas. 

Despois de ler isto, o primeiro que venlle a un a testa, é onde esta a gran cantidade de cartos que move a droga nos seus diferentes tramos, desde a compra ao produtor ata a venta polo miúdo? Como se fai a transacción desa inxente morea de diñeiro, pra pagar os grandes transportes destas sustancias pra a súa distribución? Porque vostede multiplique: preto de 200 millóns de pessoas son consumidoras de cannabis segundo a ONU, por o valor da doses mínima, supoñamos que sexa 5€; calculen e faganse a pregunta: onde se agocha esa moreira de diñeiro diario soamente do cannabis?. Porque dentro de tres catro séculos o incluso antes, cando a historia nos conte a verdadeira realidade deste sistema económico e o porque da droga, veremos como todos esas grandes corporacións con os seus grandes e prodixiosos cerebros, que tanto emprego crean, que tanta prosperidade traen aos países e que neste pestilente estado español, tan relixiosos son, non son máis, que o produto do desangre de millóns de familias cristiáns e non cristiáns. Porque os billetes de 500€ coa imaxe por unha cara, do estilo da arquitectura moderna, teñen noutra cara un debuxo, a base de sangue, dor, dolo,medo, miseria, impotencia, rabia, sufrimento e podía seguir numerando, consecuencia da cara B do negocio. Cara B que se nos oculta, da que ninguén fala e so nos enteramos cando un destes rapazes que deambulan polas rúas das nosas cidades, acercase a nos, a pedirnos unha axuda pra un bocadillo. Mocidade que sendo as vítimas deste sistema indecente que nos esta a tocar a vivir, os culpabilizamos e repudiamos, sen darnos conta que nos seus lombos levan tremendas cargas pesadas froito dun cerebros inmaturos, froito doutro tipo de problemas máis agudos. Por non falar das súas familias, as cales ata fai pouco unha parte da sociedade as culpabilizaba, cando son estas familias as que sofren en silencio e nun grado total de impotencia e rabia, sobre que facer e a quen recorrer, ante o tremendo impacto de ter unha filla-o consumidor de drogas. Porque familia onde entra a droga, familia que se desmorona e a menos que sexa unha familia moi estruturada e aínda así, estes depredadores de traficantes, os cales están moi ben asesorados polo poder, van facer todo o posíbel por destruír o núcleo familiar, pra deste xeito nom perder clientes e sobre todo, ter posíbeis bocas pechadas. Traficantes que se pasean polas nosas cidades e povos con total impunidade, coñecedores de que están moi ben protexidos polo sistema. E no quero marcar a ninguén. É indubidábel que a policía fai o que lle deixan e aínda que dentro dela ha moito lambón, que esta pasandolo pipa e facendo o agosto por mirar e favorecer o negocio, nom é menos certo que a solución as drogas é unha solución política. Mais mentres os políticos estean súper editados a economía e todo midase polo crecemento do PIB, o cal o único que verdadeiramente reflicte, é o peor que está a facer a raza humana neste planeta, o problema destas tremendas miserias non vai ter solución.

Xa pra rematar compre que o problema das drogas e o tremendo dolor que producen, estean no primeiro plano da loita do activismo galego e esixamos de unha vez por todas, as diferentes forzas políticas a legalización de todas as sustancias e nom limitarse a pedir de xeito tímido e pouco convincente a legalización das chamadas drogas brandas. Países como Holanda conseguiron coa legalización, aínda que non é o mellor sistema, o sistema holandés, conseguiron repito, reducir a mera anécdota o número de delitos asociados ao consumo de drogas e baleirar deste xeito as cárceres. Ou por exemplo Suíza onde vai máis de 20 anos, durante un período breve de tempo legalizouse a droga(posiblemente o mellor modelo de legalización que levouse a cabo ata día de hoxe) comprobandose que a maioría da rapazada toxicómana,abandonaba as rúas, retomaban os estudos, poñíanse a traballar en definitiva,escapaban do marxinalismo no que estaban condenados a vivir. 

 Dicía un dirixente comunista do bloque soviético a unha multitude de xente “Queredes a democracia anglosaxona, queredes o capitalismo pois prepararvos, porque os gobernarán narcos, proxenetas i especuladores” 

O indecente sistema capitalista

Te puede interesar