A importancia da soberanía alimentaria

ivimos nun momento, no que ninguén con dous dedos de fronte, nega os problemas medioambientais tan graves que estamos a producir con noso sistema de vida. Desde o cambio climático, os océanos cheos de residuos, a contaminación da maior parte das augas quer doces quer salgadas, a deforestación, o avance dos desertos, o esgotamento da maior parte dos recursos ect... ninguén o nega, mais ninguén ou soamente uns poucos, estamos dispostos a abandonar ou mais ben reducir, xa que ninguén pode desconectar,o consumo, entendendo consumir por comprar. Por por un exemplo: A maior parte das persoas con carro non deixan de usalo pra ir ao traballo, cando nunha camiñada a pe tardarían non máis de 25 minutos ou por exemplo, quen está disposto a pagar case dous € por un litro de esa afamada bebida gringa en botella de cristal, cando por menos de un euro, compras dous litros en botella de plástico; nin os que poden, nin que dicir ten, os que non poden. 
Un sistema que engananos por todolos frontes e un deles é no concernente a alimentación. Desde fai unhas décadas, o noso modo de alimentarnos mudou espectacularmente, pra deixar paso a un consumo de comida procesada tipo anglosaxón. Hoxe en día, o de cociñar os alimentos é dicir, facer nos as sopas, facer nos os guisos, deixou paso a coller o sobre, botalo na olla i en 3 minutos, guiso feito. Ao mesmo tempo noso consumo de alimentos frescos, esta a decaer paulatinamente. E isto non é casualidade, nin produto do azar. Non é que nos sexamos mais torpes que as nosas nais e avoas. Non é mais que o produto do marketing das grandes compañías que controlan o negocio da comida. Son eles quen nos impoñen os gustos e as modas, a hora de alimentarnos ,todo baixo etiquetas de fresco, saudábel e sobre todo rápido. Porque o sistema adotrinanos dicindo, que non temos tempo pra cociñar, máis si termos tempo pra estar vendo a TV(damos prioridade a cantidade de tempo libre, en vez de darlle prioridade a calidade dese tempo libre). Alimentos tan frescos e saudábeis, que a epidemia de obesidade, diabetes e cancros relacionados coa alimentación, esta subindo a niveis perigosos. Pola contra, a outra parte do mundo sufre de fame e fames negras, onde tamén estas grandes compañías kellogs, Nestle ect.. entre outras poucas, impoñen os seus cultivos intensivos de unhas poucas especies de gran, facendo que os agricultores locais, non podan competir e teñan que abandonar o campo. Conta creo lembrar Esther Vivas, que nos grandes supermercados da comida un se cree libre e se cree que ten poder de elección ante a comida que merca, mais a realidade é que si un compra por exemplo arroz, so pode elixir entre 1-2 grans entre multitude de marcas, que si miramos nos datos, veremos que son todas as mesmas; 1-5 multinacionais da alimentación controlan milleiros de marcas diferentes de comida. Isto esta a producir varias cousas: Primeiro que se perdan sementes posiblemente de grans máis fortes, máis resistentes mais menos lucrativos pra o agronegocio, segundo que cada vez estes grans que se comercializan necesiten máis insumos tóxicos xa que, o monocultivo é ideal pra pestes terceiro que non se poda comercializar outros tipos de grans xa que, non ha distribuidores que os queiran. Ao final perdese biodibersidade,riqueza alimentaria, soberanía alimentar, saúde e gañase en contaminación de aire, auga e solos xa sen falar dos dereitos das traballadoras-es do agro dese países os cales, xeralmente están no mal chamado terceiro mundo, onde as lexislacións laborais e medioambientais son inexistentes.
Porque é indubidábel que pra estas multinacionais, o negocio non pode ser outro, que o de procesar os alimentos, xa que no fresco, no do día, non teñen posibilidade. Por iso é normal ver nas súas ensaladas ou paquetes de comida, debuxos desde vacas pastando, fermosas e sans verduras ou galiñas comendo no campo. Mais a realidade é ben distinta Como di e volvo citar a Esther Vivas “os ingredientes destas comidas son sempre os mesmos: Azucre, fariña de trigo refinada,gorduras vexetais,carne producida industrialmente e sal; comida controlada por uns poucos grupos de distribución, entidades financeiras, as corporacións da biotecnoloxía e das sementes e as empresas líderes no sector agroalimentario”.
Porque é indubidábel que o modo promovido e imposto desde vai unhas décadas de alimentarnos, é contrario a nosa bioloxía, a nosa propria natureza e sobre todo, é contrario ao medio ambiente.
Os novos datos de neurociencia demostran que, os alimentos funcionan igual que os medicamentos ou drogas a nivel cerebral, podendo ser o noso modo de alimentarnos perniciosos ou saudábeis pra o cerebro. Hoxe a ciencia comprobou que aquelas pessoas que levan unha alimentación a base de produtos procesados,fritos, excesos de carne quer sen procesar quer procesada, poucas froitas e verduras ect... teñen máis risco de parecer ademais de enfermidades corporais, teñen mais risco repito, de parecer demencias e outro tipo de doenzas que teñen que ver co cerebro. Ao mesmo tempo aquelas pessoas que basean a súa alimentación en verduras, froitas frescas,locais e de temporadas(isto non ha que esquecelo) carnes raras veces, moitas legumes e produtos naturais do mar ect.. teñen menor risco de parecer enfermidades dexenerativas, mais cando as parecen, responden mellor e son máis benignas. 
Xa pra rematar, segundo Xusticia Alimentaria,.por soberanía alimentar entendese “o dereito dos povos a definir as súas proprias políticas agrícolas, pastorís, laborais, de pesca, alimentarias e agrarias que sexan ecolóxicas, económicas e culturalmente apropiadas, as súas circunstancias exclusivas” Porque soamente aplicando estes principios, poderemos alcanzar as maiorías sociais, un sistema de alimentación san e saudábel, onde prime o natural o local, en definitiva, o producido pola pequena labrega, as cales son as que alimentan ao mundo e as que cuidan dunha parte importante da biodiversidade das especies no planeta, sobre o industrial o artificial en dúas palabras o tóxico
“Menos supermercado e máis ir ao mercado de froitas e verduras” Esther Vivas.

A importancia da soberanía alimentaria

Te puede interesar