Hai que mudar moitas cousas

covid-19 demostrounos o fráxiles que podemos ser se non respectamos a natureza. Poucas cousas se saben sobre este virus e as que se saben, moitas delas están a desconcertar ás científicas. Máis os estudos cada vez nos están a dar novos descubrimentos como que por exemplo, as persoas con Parkinson teñen entre un 30-40% mais posibilidades de morrer se contraen a enfermidade. Tamén estase a demostrar, que as mulleres grávidas están dentro dos grupos de risco e teñen moitas posibilidades de peores desenlaces, a hora de parecer a enfermidade.
Máis o que xa se sabe realmente, é que termos que respectar o medio-ambiente, se queremos previr futuras pandemias e un dos xeitos máis importantes, é cambiando o noso sistema de alimentación. A produción, transporte distribución, compra, preparación e consumo representa perto do 40% das emisións de gases de efecto invernadoiro segundo a PNUMA(programa das nacións unidas para o medio ambiente). O cambio a dietas máis sostíbeis e máis sans, ademais, de reducir ao mínimo o desperdicio de alimentos, suporía case un 30% menos de GEI (12.5 gigatoneladas menos de CO2 na atmósfera) o que equivale, a sacar das estradas, perto de 3 mil millóns de vehículos a motor. Porque evitar a perdida e o desperdicio de alimentos, supón reducir as emisións en case 5 gigatoneladas de CO2 por ano, xa que isto produce o 8% das emisións mundiais de GEI. Outra maneira que os países desenvolvidos termos que adoptar, nun futuro non moi distante, é pasar a dietas máis vexetais, onde se reduza de maneira significativa. o consumo de proteína animal. As dietas actuais, grandes consumidoras de proteína animal, sobre todo carne e lácteos, producen perto do 10% das emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro, ademais de estar a deforestar gran parte dos bosques primarios para producir alimentos(cereais e soia) para o gando e contaminar as fontes de auga doce. Na actualidade, soamente 11 países contemplan nos plans de loita contra o cambio climático, a perdida e desperdicio de alimentos e o paso das súas sociedades, a xeitos de alimentación máis sostíbeis. 
Esperemos que no próximo ano 2021, cando se leve a cabo o primeiro cumio sobre sistemas alimentarios da ONU, os nosos gobernantes tomen conciencia, de que senón cambiamos o noso sistema de alimentarnos, incluíndo a produción, transporte e distribución termos a guerra perdida, para que o quecemento global non supere os 2o C ao fin do século.

Hai que mudar moitas cousas

Te puede interesar