Eu acuso ao BNG de...

Escrivo este artigo porque creo que é de xustiza que cadaquén cargue có seu San Benito. O nacionalismo galego foi e será sempre un nacionalismo que sempre defendeu as súas ideas democraticamente, respectando a pluralidade ideolóxica do noso pais e sempre caracterizandose por dar as súas opinións desde un punto de vista critico, máis poñendo enriba da mesa dados obxectivos e veraces, que moitas veces nos fixo que soportaramos todo tipo de acusacións faltas de verdade e totalmente nesgadas. 

Lembrase cando desde o BNG dixo se que a entrada na UE ía ser unha ruína pra os nosos sectores produtivos é dicir, unha ruína pra Galiza e que as catro estradas que nos ían facer, non ían ser máis que farangullas ao lado do que íamos a ter que ceder. Hoxe en día calquera análise que se faga desde a obxectividade e o rigor da situación, confirma na súa totalidade, o analise que vai 40 anos facía o BNG, sobre a entrada do estado español na UE e as súas nefastas consecuencias pra nosa terra.

Máis volvendo a realidade dos tempos presentes do noso país, aínda que esta realidade é moi parecida, por non dicir igual, ao que vai xa máis de cen anos denunciaban Rosalía,Castelao, Bóveda e todas as nais e pais da Galiza e do nacionalismo moderno, ao BNG é xusto acusalo de seguir defendendo con teima os nosos sectores produtivos e de por por diante a Galiza, antes que os intereses e lucros particulares. 

Miren senón a Francisco Ródriguez, Guillerme Vázquez, Rosana Fernández, Jorquera, Olalla etc... todas e todos despois de deixar a política activa (excepto Jorquera que segue na primeira liña) volveron as súas profesións, de mestres, escritores, divulgadores da cultura do pais etc... Miren pola contra os PP- PSOE ect... unha gran parte deles, colocados nos consellos de administración de multinacionais, como premio por vender empresas públicas ou ditar leis, a favor das grandes trasnacionais i encontra dos intereses do povo. O poderíamos buscar na hemeroteca, cando algunha-o das elixidas do BNG pra ir a representar e pelexar polos intereses de Galiza, saíron nada mais ser elixidas-os nas redes sociais e outros meios de comunicación, ensinando e presumindo das carteiras que o parlamento español da as diputadas-os e dicindo sen ruborizarse, que por fin Galiza estaba representada. Pois se Galiza estivese representada, un preguntase: Como é posíbel que os últimos presupostos do estado español, fosen os máis nefastos e totalmente discriminatorios con noso país da historia da democracia e aprobados co apoio destes as cales presumen de ser a esquerda rupturista ( o si vostedes o prefiren a Siryza Galega, aínda que este nome co cal se auto-bautizaron e non pararon de darse auto-bombo, non lles gusta moito que so recordemos)?

Porque é de xustiza acusar por exemplo a candidata do BNG ao parlamento europeo (Ana Miranda), de non parar de defender por activa e por pasiva os interese de Galiza en Europa, algo que custoulle o alcume na UE de “Madam Galiza”. Quen neste país non relaciona a Ana Miranda, coa defensa das vítimas do Alvia, coa defensa da pesca artesanal, coa defensa das gandeiras-os, coa defensa da nosa lingua, denunciando a destrución dos nosos ecosistemas,denunciando a desindustrialización da nosa terra, poñendo a Galiza na primeira liña como defensora e denunciante das inxustizas de todo tipo que se producen en outros países, como o apartheid contra o povo palestino? etc... Porque Ana merece que se lle acuse de viaxar nos voos de baixo custe, de comer os menús no parlamento europeo accesibles ao peto de calquera traballadora-or e non pedir vinos de 500 euros algo polo que senten paixón os euro-deputados do PP, nin de utilizar coches de alta gama pra ir as festas privadas de Bruselas, porque como ela sabe, todo isto sae do peto das-os traballadoras europeas.

Porque eu acuso a Iván, María e Roberto candidatas-os do BNG nos primeiros postos as locais de Ferrol, de querer que Emafesa, Navantia, Defensa, A Igrexa etc... paguen os impostos que correspondelles por xustiza, igual cos paga Xerardo albanel e pai de tres fillas ou Uxía dependenta dun supermercado, de querer que Andrés o cal acaba de casarse poda abrir o seu pequeno negocio no centro de Ferrol, sen ter que pagar uns arrendos totalmente abusivos ou poderiamos acusalo de querer un saneamento da ría real, non lesivo economicamente pra os petos da veciñanza e deste xeito Rosa ou Xoana entre outras, cuxas viuvez chegan malamente aos 600 euros, non teñan que pagar case 100 euros cada 2-3 meses na factura do auga, de querer que as grandes multinacionais paguen unha serie de tributos que son de xustiza e de equidade, pra poder eliminar a competencia desleal que lle fan aos pequenos comercios, de esixir dentro das posibilidades e meios que ten o concello, a volta a construción naval civil, pra que as rúas de Ferrol, volvan encherse de xente con desexo de formar as súas vidas e deste xeito, Andrés poida vivir con dignidade do seu negocio.

Xa pra rematar é indubidábel que non fai falla ser nacionalista pra votar ao BNG, xa que votar a calquera candidato do BNG so significa, quer que tanto nos como as nosas descendentes, teñamos un futuro e a posibilidade real de poder vivir con dignidade no lugar onde nacemos, onde xogamos de nenas, onde fomos ao instituto, onde atopamos o noso primeiro gran amor, onde saímos por primeira vez o derradeiro día do ano, é dicir o lugar, onde pasaron as primeiras, as máis marabillosas, únicas e inesquecibles experiencias que temos todas-os na vida e non ter que facer as maletas pra poder formar o noso proprio futuro, rumbo a un lugar incerto e descoñecido, con todo o que isto supón.

Eu acuso ao BNG de...

Te puede interesar