Dous apuntamentos

Decidín escribir este artigo, o cal vai ser un pouco anómalo, para falar de dous temas presentes nos ultimas semanas no ambiente sobre todo un deles, os cales, nos afectan como sociedade tanto as que nos consideramos soamente galegas, como as que se consideran galegas e españolas, mais tamén, as que pasan de galegas e so queren ser españolas(unha pena, mais unha realidade nesta cidade).Son temas que están a xerar un gran dolor a moitas pessoas nesta cidade, decenas de miles na Galiza e centos de miles no estado español. 

O primeiro tema do que vou falar, é do titular e das declaracións que o comisario e a delegada de governo fixeron aos medios de comunicación tras a operación peine. Antes de nada, no tema da droga compre sinalar que a única vitoria posíbel que pode ter a sociedade contra esta lacra do sistema capitalista, que o que esta a facer, é un auténtico holocausto contra as nosas mozas-os e as súas familias, vira da legalización e da educación. Todo o demais, é tomar o pelo a cidadanía e mofarse das súas vítimas. No estado español ano tras ano,os estudosindicannos que consumense centos e centos de kilos de heroína, mais a cantidade que aprendese, con certeza non chega ni ao 5% do que esta a venta. Iso sen contar que o estado español é a porta de entrada de moitas destas sustancias a UE. É dicir: España é o México europeo. 

É indubidábel, que a droga compra moitas vontades, entre elas as vontades políticas. Por medio da droga, controlanse recursos naturais claves para as nosas economías. Por medio da droga, financianse guerras que o único fin delas, volvo a repetir, é controlar os recursos naturais de terceiros países. 

O diñeiro da droga, fai crecer as nosas grandes empresas, as nosas grandes fortunas, é unha das principais fontes de ingresos de certos países, algún deles, no corazón da UE, por medio do diñeiro da droga acallanse voces ecétera. 

Por todo isto a droga sigue a ser ilegal nas nosas sociedades e por todo isto, as nosas familias e as nosas mozas-os seguen a ser desangradas, xa que para o poder, é máis importante perpetuar o sistema capitalista, que a dignidade dos seres humanos. Máis se termos en conta isto queo lector pode concordar ou non, o que non é de recibo son as declaracións da delegada do governo, de que Ferrol está agora máis tranquilo co éxito desta operación chamada peine. Miren aquí nesta comarca, hai centos de familias que levan anos sen estar tranquilos, por ter as súas fillas-os metidos neste problema de primeiro orden, como é a droga. Familias que levan desangrandose vendo aos seus seres mais queridos en un proceso de dexeneración quer psicolóxico quer físico día tras día, sen saber a quen acudir ou sabendo que ninguén vai axudalos, xunto que en moitos casos, aínda por enriba, teñen que aturar, como culpabilizaselles da situación. Nesta comarca hai familias que levan loito desde fai anos, sen que ninguén pagase pola morte da súa fillas-os. 

Nesta comarca delegada do governo hai mozas e mozos que por culpa dos velenos capitalistas, xa son inservibles para a sociedade, nesta comarca comisario somos moitos os que nos imos ir deste mundo enfermos de por vida, moitos de nos ata con un estigma o cal, tamén afecta as nosas familias e que por enriba levamos sufrindo o acoso, a persecución, a difamación sistemática  tanto nos como as nosas familias, por parte dos seus protexidos. Por que miren nin eu nin ninguén, pidelles que mañá sexan vostedes, os que inicien a revolución contra o capitalismo. Ninguén lles pide que maña, metan presos aos principais dirixentes do IBEX35, nin que fagan unha redada anti droga no palco do Bernabeu, nin que encarceren as grandes fortunas desta cloaca que termos por estado español. Ninguén lles pide iso. 

O que lle pedimos os que sufrimos nas nosas proprias carnes a acción destes depredadores, os que sendo nenas-os por problemas psicobiolóxicos, psicosociais o ambolos tivemos contacto coa droga e con moito sufrimento conseguimos saír dese mundo e podemos contalo, o que lle piden as familias que están a sufrir nestes momentos este terríbel lacra social, as familias que quedaron enloitadas, o que pedimos é un pouco de respecto, nada mais que iso: respecto. Vostedes sigan mirando para outro lado, vostedes sigan facendo o que o seus xefes políticos de quenda ordenenlles mais por favor, non nos rouben a pouca dignidade que nos queda, porque nesta cidade somos moitos Sra delegada e Sr comisario, os que levamos case 30 anos sen poder estar tranquilos.

O outro tema do que quero falar, é o tema da exhumación de Franco. Miren ao que esta a escribir non lle gusta nada a sociedade dos EUA, nin o seu sistema de vida, máis recoñezo que tamén teñen cousas boas. Refírome ao fin que deronlle a Bin Laden. Con certeza que eu non apoio a entrada ilegal nun país polo exercito de outro, nin apoio a execución extraxudicial de ningunha pessoa. Refírome  ao que fixeron co cadáver. Eles tiveronno claro. Colleron ao suxeito e o mandaron a un punto do océano que ninguén coñece co fin, de evitar calquera tipo de celebración ou exaltación do personaxe.

Pois iso mesmo é o que tiñase que facer neste caso co Franco e algún persoeiro máis da sanguinaria ditadura franquista, aproveitando a ocasión. Porque o primeiro que hai que facer, é prohibir a exaltación de psicópatas sanguinarios e mellor que prohibila, é negar a posibilidade de levala a cabo. Despois o que debeuse facer, é pasar pola paneira e deixar fora das institucións calquera vestixio do franquismo, xa que agora termos aos seus cachorros nos primeiros postos da maioría das institucións; policiais, sanidade, exercito ecétera... máis agora tamén na política. 

Ser como os de VOX os cales, ata son branqueados polos medios de comunicación despois de facer declaracións como as das 13 rosas, que con certeza en Alemaña ou Italia, costaríalles a expulsión da política e ao mellor ata a cadea.

P.D.- Se algunha pessoa con inquedanzas medio ambientais lee isto, que non se amole, que xa sei que hai moito lixo no mar, mais esta caca desintegrase pronto e co cheiro pestilente que produce, non hai problema, xa que non esta claro que os peces teñan olfacto.

Dous apuntamentos

Te puede interesar