Discrimínannos de novo

Fai uns días coñecíase que unha farmaceútica desenvolvera una vacina en principio efectiva nun 90%. A UE apresurouse a mercar perto de 300 millóns de doses, aínda que vai ser cada país quen poña os cartos. Máis a OMS xa está a avisar que ábrese un novo problema, xa que, está vacina esta feita con materia xenético do virus e necesita estar conservada a -70° C  e soamente pode gardarse  a temperaturas de -2°C a -5°C entre 3 e 5 días. O problema é que na actualidade ningún país do mundo ten infraestrutura para este sistema de refrixeración co cal, teremos que inverter e montar toda unha infraestrutura, para poder conservalas.

Na Galiza a Covid-19 din as expertas está a golpear máis forte que coa primeira vaga. É indubidábel, que a nefasta xestión feita polo PP, o cal perdeu o tempo en preparar ao país para este novo envite do virus, está a facer que recollamos estes froitos envelenados. Máis Galiza nestas derradeiras datas, non so está a recibir os golpes da Covid-19. O goberno central presidido por Castela a vella e  Castela a nova, volveu a discriminar Galiza unha vez máis, nos presupostos xerais do estado. Xa non é que España salde a débeda histórica con Galiza, a cal, desde sempre foi minusvalorada a hora de  acometer infraestruturas e inversións, senón que unha vez máis, as galegas aportamos unha voluminosa cantidade de diñeiro e non recibimos nin as farangullas. Cabe sinalar como denunciaba o BNG por medio de Nestor Rego, xa que, os demais parlamentarios elixidos na Galiza dos diferentes partidos políticos están totalmente mudos, incluída a rupturista ministra Yolanda Díaz, como dicía o BNG, non é de recibo, que os PXE aumenten en perto do 20%, mentres que ao mesmo tempo, redúcese a inversión  para Galiza en perto do 12%, con respecto aos presupostos do PP no 2008, os cales, xa eran totalmente discriminatorios co noso país. Porque pode cualificarse incluso de insulto, que por exemplo, o mal chamado AVE, xa que hoxe en día a alta velocidade son os trens que se moven por imáns, os cales, xa se están en servizo quer na Alemaña quer a China e imaxínome que tamén en América do Norte, que o AVE galego que para que sexa alta velocidade, necesita unha variante en Ourense a cal, esta presupostada en perto 700 millóns €, o goberno español so presuposta para esta variante 23 millóns € en un claro insulto ao noso pobo.

Xa para rematar, é fulcral que as galegas collamos conciencia, de que as únicas que podemos arranxar os problemas tan agudos e vellos que sofre a nosa terra, somos nos mesmas. Cómpre que nos demos de conta, que ninguén de fora, for da Vella Castela for da Nova Castela, xunto cos seus monicreques propios deste pais, van a dar solución os déficits tan grandes que termos con relación a outros territorios do estado, porque como dicía Rosalía de Castro “Pobre Galicia, non debes chamarte nunca española, que España de ti se olvida cando eres, !ai! tan fermosa”.

Discrimínannos de novo

Te puede interesar