• Miércoles, 15 de Agosto de 2018

Desandando o andado

Fai uns días no parlamento galego, o presidente

Fai uns días no parlamento galego, o presidente das galegas e os galegos o Sr Feixoo, espetaballe en unha das súas intervencións a un membro da oposición: “eu xa sabía que a Señora Pontón estaba necesitada” mostrando un total desprezo e con un forte tufo machista, a dignidade da aludida e de todas as mulleres en xeral.
Con certeza ao Sr Feixoo nesta ocasión traizoouno unha ver mais o subconsciente. Un Feixoo que rezuma ideoloxía machista por todos os seus poros; soamente ha que ver as axudas que o governo galego desde a súa chegada, da aos colexios que segregan por sexo. Colexios onde as actividades extra-escolares aos rapaces os levan a ver os campos de fútbol e as rapazas a clases de costura e cociña. Mais esta vez usou unha expresión que mostra  unha ideoloxía cara as mulleres pueril e cuxa gravidade va máis ala da simple anécdota do debate parlamentar, como nos queren facer crer desde o PP e incluso algún meio de comunicación. 
Compre sinalar que vivimos nunha sociedade que a pesar de que o acceso a cultura, a educación e a información esta ao alcance da inmensa maioría das galegas-os, tendo unha mocidade hiper preparada (a maioría das mozas-os falan unha o dúas linguas foráneas, dominan as novas tecnoloxías ect...), a sociedade sigue a ser na relación homes-mulleres machista. Seguramente no con este tipo de machismo rancio e caduco que a maioría do povo rexeita, soamente aplaudido por sectores marxinais e que demostra ter o machoman do Feixoo. Máis o machismo como todo este tipo de condutas discriminatorias, podíamos falar tamén do racismo e cuxo único fin é por a un dos xéneros ou a raza por encima dos outros, pra deste xeito, ter o control dos recursos, evolucionou e  volveuse máis sutil. 
Luís Bonino psicoterapeuta e un dos maiores expertos en machismo no estado español, xa nos anos 90 do século pasado, dáballe a este machismo sutil o nome de micro-machismo. Un tipo de neo-machismo tamén coñecido como violencia branda no fogar, o cal aparece e que colle forza coa conquista dos dereitos das mulleres no século pasado. O fin único deste, é o de perpetuar as relacións asimétricas, as relacións de dominio e de privilexio dos homes sobre as mulleres. Un estudo feito vai un par de anos nos EUA e replicado en outros países, concluía que case un 60% dos mozos universitarios, defendían o dereito das mulleres a ter igualdade de condicións e oportunidade no eido laboral máis, a hora da igualdade portas a dentro, refírome a relación da parella no fogar, estes mesmos mozos defendían o patriarcado no ámbito doméstico. E dicir, a muller coidadora dos seus, ama de casa, fornecedora de afectos ect... Un novo machismo que ten dúas finalidades: Seguir mantendo as posición de privilexio dos homes fronte as mulleres e sobre todo, intentar pecharlle a boca e desmontar o feminismo.
É indudábel que o proceso de socialización que temos as persoas desde o primeiro día que vimos ao mundo, xa é discriminatorio, desigual e sobre todo machista. Pendente se é nena, xoguetes de nenas e xoguetes de nenos, colores de chicas- colores de chicos, roupa de nena- roupa de neno, xogos de meniñas- xogos de meniños, falar como unha nena- falar como un neno, facer cosas de nenas facer- cosas de nenos ect... Algo que fai que moitos de nos, esteamos a perpetuar estas relacións desiguais entre homes e mulleres sen darnos conta. 
Cuantos de nos usamos expresións como axudo che a fregar os pratos?, limpiei che o cuarto de baño,  queres que che pase o ferro a roupa? ou queres que bañe eu ao bebe? cando estas son cousas que debemos por obrigación de compartir. Ou por exemplo, cando saudamos dando dos bicos se é muller e a man se é home, ou presentamos a compañeira como a encargada de cociñar na casa, porque ten moi boa man pra cociña ou cando ante a tripa dun home dicimos que é sexy e ante as cartucheiras dunha muller dicimos que son horríbeis ( interesante artigo no País “la tripa sexy las cartucheras horribles”) ou cando dicimos lle ao rapaz non chores como unha nena ou dicimos lle ao amigo en forma de brincadeira “pareces unha nenaza”
Porque todas estas expresións e moitas máis que se podían escribir, na maioría dos casos están ocultas e pasan desapercibidas, incluso pra as proprias mulleres, ademais de estar fortemente arraigadas na nosa cultura e que o único que están a facer sen darnos conta, é continuar coas posicións de superioridade do home fronte a muller, ademais de someter a maior presión e darlle máis carga as mulleres producindo lles en moitos casos, serios problemas a elas
Volvendo a frase de Feixoo, todas-os sabemos o significado desta expresión. Unha expresión que o que buscase con seu uso polo xeral, é desvalorizar co descrédito persoal os argumentos o accións que ante calquera tema fan o presentan as mulleres, cando o home quedase sen argumentos pra contrarrestar e sobre todo, cando a posición de dominio, a posición de privilexio que ten o home na sociedade, está posta en perigo o cuestionada por algunha muller.
Xa pra rematar, é curioso a actitude das proprias deputadas, cargos públicos, en definitiva das mulleres do PP que seguramente en privado, moitas delas( polo menos a parte demócrata do partido) censuren a machotada de Feixoo, máis ningunha salio a palestra a condenar e censurar as verbas. 
Unhas verbas que atacan de cheo os piares de unha sociedade, a cal presume de ser demócrata e igualitaria, que ao vir da persoa con mais poder político de Galiza e o representante máximo das galegas-os non fan máis que desandar, todo o camiño feito por tanta xente, en prol da igualdade verdadeira entre homes e mulleres
En definitiva, esperemos que este suxeito tan mediocre que por desgraza é presidente da Galiza, decida irse definitivamente pra Madrid e como dicía un usuario de unha rede social “aínda que non o vai ter dorado uy perdón doado” esperemos volvo a repetir, perdelo pronto de vista e que co tempo convertase nada máis, que un mal recordo da nosa historia.