Demagoxia

aliza vive unha situación preocupante onde os seus principais problemas, os cales son causa da súa falta de desenvolvemento, xa veñen de vello. Moitos deles xa eran denunciados fai máis de cen anos e hoxe en día, estes están totalmente vixentes. Mais este derradeiro decenio, esta a ser determinante no subdesenvolvemento do noso pais .”Un decenio negro” cualificouno Ana Pontón(BNG) nestes derradeiros días.
Porque se algo caracterizou o goberno do PP na Xunta, foi a demagoxia coa que o Sr Nuñez Feixoo actuou nestes dez anos de mandato. Cada vez que na Galiza houbo unha folga, houbo unha protesta sonada ou calquera acto de confrontación, de reivindicación de dereitos e reclamo de inversións cara ao goberno da Xunta, o noso presidente, non tivo reparos en saír a palestra e mediante como non dos seus principais altofalantes, anunciar todo tipo de plans (emprego, retorno da mocidade, sanidade ect...) que a día de hoxe, nin eles mesmos saben no que quedaron.
Demagoxia como por exemplo, la elaboración e a presentación da “Estratexia para o cambio climático” da Xunta de Galiza. Algo que o Sr Feixoo quixo e quer ser, o referente no estado español, pra deste xeito, escalar posicións na súa carreira dentro do PP cara Madrid; máis os madrileños sacaronlle o da chalana. Unha estratexia vouna cualificar de tomadura de pelo, quer a cidadanía quer ao planeta a cal, naceu xa totalmente morta. Cabe destacar, as declaracións un mes antes, do presidente Alberto I el grande, de que ningunha galega-o a mais de 5 minutos de unha vía de alta capacidade (estradas estas, que hoxe en día coñecese, que aumentan e chaman a xente a usar o coche e tamén inciden aumentando as ventas dos mesmos) ou intento da Xunta de facer Sogama II; un complexo o de Sogama, que non é máis, que un tragadeira de cartos públicos cara a empresa privada, cuxa finalidade é a de eliminar os vertedoiros de lixo en Terra, pra montalos na atmosfera, con todo o que isto supón de nefasto, pra o meio ambiente e saúde das pessoas en xeral, mais sobre todo pra xente e demais seres vivos que habitan, nas zonas onde se asentan estes complexos.
Unha estratexia que de 170 medidas que o goberno da Xunta de Galiza vai levar a cabo pra mitigar e loitar contra o cambio climático, o 60% non teñen partida económica (están de troula). Se isto non fose pouco, o Sr Feixoo, segue a confiar no eucalipto, como si as 600.000 hct que ha xa na Galiza(o segundo pais do mundo despois de Australia que máis eucaliptos ten) non lle parecen poucas, xa que aínda quer plantar 30.000 hct máis nos próximos anos, como meio pra fixar carbono. 
Mais o señor Feixoo esquecese, de que nos eucaliptais(auténticos desertos verdes) non ha máis vida que o arbore. Toda a biodiversidade desaparece. Biodiversidade que moita dela, atrapa máis carbono que a propria madeira, ademais de que o monte é un monte saudable o cal, pode explotarse a perpetuidade por diferentes xeracións, xerando moito máis valor, que a explotación da madeira de baixa calidade e multiplicando por moito os postos de traballo que se poden crear. 
Tamén nesta estratexia é rechamante, que o goberno do PP segue a apostar por Sogama, aumentando os cartos pra os seus colegas madrileños e sen embargo a inversión pra promover, a redución, a re-utilización, a reparación, o reciclaxe e a reposición é case anecdótica. Algo que sería o lóxico e que xa estase a facer na maioría de países europeos. Xunto a isto tamén cabe sinalar, que o de cero euros as novas infraestruturas nada de nada, nin falar tampouco do peche das centrais de carbón, algo que pode facerse en Galiza nun período corto de tempo, pra deste xeito, apostar pola enerxías renovables as cales, teñen moito recorrido aquí na Galiza e poden ser un gran nicho de emprego cualificado.
Máis todo non va ser a desfeita a cal nos ten acostumados o PP coas súas grandes e elocuentes(por non dicir nefastas) políticas. A nivel local, aquí no Ferrol, partidos como o BNG esta a levar no seu programa medidas moi interesantes, quer pra economía local quer pra o meio ambiente. Porque apostar e promover a economía local, ademais de crear riqueza dentro da propria comunidade, é un dos xeitos de traballar na loita contra o quecemento da Terra e de defender o meio ambiente . Medidas como o saneamento integral da ría, ou cero licenzas as construcións novas e si apostar, pola recuperación e rehabilitación das vivendas estragadas e baleiras. Tamén medidas como crear no val de Esmelle, unha zona das mais fértiles de Ferrol, unha zona repito, pra produción de produtos de calidade, ecolóxicos e locais, creando deste xeito riqueza perdurábel no tempo ademais de por a traballar a terra, de unha maneira sustentable e que moita xente poda ter unha saída laboral coa que vivir con dignidade xa que, sería con certeza, un bo nicho de emprego e os cartos quedarían no circuíto da localidade.
En definitiva medidas todas estas, que están na base da pirámide na loita contra o cambio climático, máis medidas entre moitas outras, as cales compre levalas a cabo, polo ben do pais, polo ben do planeta. Nin que dicir ten que a responsabilidade da loita contra o maior reto que ten nestes momentos a humanidade, ten que vir das instancias superiores e non como quer facer o PP de responsabilizar e que a maior parte do peso, caia unicamente na cidadanía. 
E ten que ser conxuntamente entre os países “ricos” os cales, son os responsables en máis do 90% do desastre ecolóxico no planeta. Mais se cada pais e en cada localidade, ponse en practica este tipo de políticas, volvo a repetir entre outras, con certeza será un chanzo na loita contra o cambio climático, ademais de ser un cambio de mentalidade, no noso recorrido vital polo planeta. 
“O cambio climático debe considerarse o maior fracaso da economía de mercado xamais visto no mundo” Albino Prada Blanco (Doutor en ciencias económicas pola USC)

Demagoxia

Te puede interesar