Cómpre empezar xa

Esta pandemia do Covid-19, ensinounos a moitos de nós, o fráxiles que podemos ser, se seguimos maltratando a natureza. O planeta atopase xa desde vai tempo, nunha situación de vulnerabilidade total. Durante unha época da historia da humanidade, os seres humanos tiñamos medo a natureza. Na actualidade os humanos termos a capacidade de alterar o medio-ambiente ao noso gusto, máis as consecuencias aínda que as podemos prevelas, aínda son nunha parte incertas. O nivel do mar estase a demostrar que esta a subir máis rápido do que pensaban as científicas e  prevese, que nos próximos cinco anos, a temperatura suba xa o grado e medio, algo que as expertas nom esperaban tan pronto. A riqueza en biodiversidade está a sufrir tal perdida, que moitas especies están xa extinguidas, sen que chegaremos a coñecelas.

Máis aínda queda tempo de mitigar os efectos do kaos que esta a vivir o planeta, por culpa da acción humana, sobre todo dun 20% da poboación, que con o seu tolo sistema de vida, esta a hipotecar o futuro das xeración vindeiras e a saúde da Terra. É fulcral que empecemos a tomar medidas quer a niveis globais quer a niveis do mais baixo, como son medidas nos nosos concellos. 

Porque o concello de Ferrol, ten moitas cousas que facer, para axudar a mitigar o cambio climático, como por exemplo, a peonalización do centro da cidade. Soamente con esta medida, aforraríase centos de milleiros de Tm de gases de efecto invernadoiro todolos anos, de ser liberadas á atmósfera, ademais dos beneficios sociais e económicos para a poboación de Ferrol. Outras medidas serian por exemplo, no tocante ao lixo. É  necesario que mudemos o sistema de recollida do lixo, para que a cidade de Ferrol poida dicirse con propiedade, que é unha urbe europea. Cómpre desbotar de unha vez por todas, o sistema de recolector e empezar a implantar, paulatinamente o Porta a Porta, ademais de instalar o compostaxe comunitario da fracción orgánica e a recuperación dos refugallos, como medidas para chegar nun futuro medio ao refugallo no vertedoiro 0. Compre empezar xa, a por a saúde do noso planeta, por enriba dos beneficios de unha clase dominante e empezar a facer a transición, cara a un sistema de vida sustentábel medio ambientalmente, onde o respeto a biodiversidade e a vida das demais especies, non quede relegado a un segundo plano. 

Dicía un ecólogo e divulgador científico español, que A Terra, o que a diferencia dos demais planetas do sistema solar, son os seus ecosistemas. O día que estes ecosistemas desaparezan ou estean inservíbeis, entón non seremos máis que Marte II ou outro Xupiter. 

Cómpre empezar xa

Te puede interesar