Canta riqueza podemos ter!

Galiza é a segunda nación do mundo, que máis eucalipto ten despois de Australia. Preto de 600 mil Hct están plantadas con este arbore. Un de cada 5 metros cadrados da superficie da Galiza é eucalipto. Isto supón un problema para a flora e a vida animal, para a conservación da biodiversidade, para ter un solos ricos e fértiles, para a fixación do carbono e sobre todo tamén, para a ordenación do territorio. Porque o problema nom é en si o arbore, aínda que si o seu número. O problema é que a Xunta de Galicia, nom ten ningún plan que regule, o seu uso e o seu cultivo. A súa expansión é tan descontrolada, que xa invadiu espazos naturais protexidos. Ademais a presenza deste arbore está a favorecer a expansión e virulencia dos lumes, por ser unha arbore que arde ben. A permisividade da Xunta é tal, que entre o anos 2016-2017 dos 300 casos denunciados por Adega de plantacións ilegais na zona de Lugo, apenas o 20% foron penalizadas pola Xunta. Ademais este arbore é unha lacra para a loita contra o cambio climático, xa que aínda que é certo que capta CO2, nom é menos certo, que os bosques de eucalipto ao ter menor biodiversidade, esa parte do carbono que captan as outras especies, nom existe, co cal, é deficitario en comparación con as fragas.

E indubidábel que o monte galego ben xestionado, pode ser unha fonte de inmensa riqueza e o cultivo de especies autóctonas, podía traer moitos beneficios e toda a cadea de valor, podería quedar na Galiza. As empresas da madeira como Noa Madeira, a cal, atopase nunha situación complicada, por mor da especulación coa que foi mercada polo  grupo Malasa, coa finalidade de quedarse con seu nicho de mercado, desfacerse dela e so deixar uns poucos empregos en condicións terceiro mundistas, polo que, a clase política debiese tomar partido e nom permitir este ataque as traballadoras e as súas familias, máis o señor Feixoo, dedicase a eloxiar o compromiso dos verdugos, empresas deste tipo repito, podían ser unha fonte de riqueza e de emprego, e todo o valor desde o arbore ata o produto final, todo o valor repito, quedaría na Terra.

En definitiva, o Concello de Ferrol, debería fomentar o cultivo de especies autóctonas, coa finalidade da produción quer de madeira quer de outros produtos de xeito sustentábeis. Fai un tempo na época do anterior governo, foi aprobada unha iniciativa levada ao concello e promovida por Adega, para a erradicación do eucalipto, nas parcelas de titularidade pública. Sería bo que se mirase si isto se cumpriu e sobre todo repito, se fomentase a produción de madeiras nobres do país, como unha forma de crear riqueza e emprego en toda a súa cadea de valor, xa que, a potencialidade a termos.

Canta riqueza podemos ter!

Te puede interesar